Hoxe vinte e oito de Decembro é o día dos inocentes, o equivalente español do noso día da mentira, unha data onde se acostuma a brincar, sobre todo os medios de comunicación aos que non lles chega todo o que brincan connosco o resto do ano. O que ía, que sempre acabo criticando e esta sección non é para iso (ou si).

Dos agentes de la Guardia Civil serán expedientados como presuntos autores de la desaparición, la pasada Nochebuena, de una figura del Olentzero -una especie de Papá Noel vasco que lleva regalos a los niños- que había sido colocada en la Plaza Mayor de Areso (Navarra). En los dos últimos años, esta figura también desaparecía, para ser encontrada días después destrozada.

Calquera que lera hoxe esta nova pensaría que era unha brincadeira, pero eu acabara de ler estoutra

DICE QUE NO ES IRRESPETUOSO

Un responsable de Extranjería felicita las navidades con una tarjeta en la que aparecen personas saltando una valla

Así que coñecendo anteriores demostracións patrióticas da Guardia Civil e outros corpos ao servizo do estado español, supuxen acertadamente que se trataba dunha nova real. Por certo, o ollo clínico falloume, xa que a outra nova sospeitosa tamén era certa. O que dan de si os nosos políticos.

Dende Intifada Ghaiteira, queremos expresa-la nosa solidariedade co Olentzero e pedimos a liberación inmediata deste preso político, presidente e fundador do PNV (Papa Noel Vasco) ademais dun grande filántropo.

A campaña de acoso e derrubo a que vén sendo sometido nos últimos tempos, están a xerar moita xenreira entre os seus seguidores, que comezan a organizar accións de protesta por todo o mundo.

Non queremos que esta imaxe se volva repetir.

FREE OLENTZERO

Chuzame! chúzame -