Reloxo escangallado
Mañá case toda españa estará pendente da porta do sol madrileña para segui-las 12 badaladas que dan o sinal do comezo do 2006. Pois ben, este ano apareceu Carlos Santillana, un mentalista que ten pensado da-la badalada máis sonada ó parar o reloxo durante tres minutos as doce da noite da fin de ano. Eso sí, sen acercarse o reloxo, nin sequera dende Madrid, vaino facer dende Cáceres.
E non é un tarado calquera, o ano pasado adiviñou o número gañador da lotería ante notario, e fixo o mesmo co día e sexo da filla de Letizia Ortiz. Case esquezo dicir que para que non se vos atraganten as uvas, o paro vai ser despois das badaladas. Dende aquí queremos animar a Carlos para que o consega, e por nós no canto de tres minutos, que sexa unha semana, e con tódolos reloxos de Europa. Feliz 2006, se Carlos Santillana nolo permite.Actualizado 04-01-06
Como algúns puidestes comprobar, non pasou nada de nada.
El mentalista cacereño Carlos Santillana que aseguró que iba a detener tres minutos el reloj de la Puerta del Sol tras dar las doce campanadas, explicó hoy a Efe que no logró llevar a cabo su experimento porque se 'manipuló' el reloj y dio el primer minuto 'cuando sólo habían transcurrido 48 segundos'.
Es decir, el primer segundo, afirmó Santillana a Efe, se reflejó 18 segundos antes de completar los 60 segundos que componen un minuto, por lo que, aseguró 'no he podido ejecutar mi ejercicio de ilusión'.
Aínda que sone a desculpa de mal perdedor, hai que entender que un mentalista non é un tolo ou un aproveitado, é un mago, da mesma escola que Anthony Blake ou moitos outros.
Polo tanto, como ben di, no caso de que fixeran algún tipo de variación no funcionamento normal do reloxo, as condicións necesarias para que se dera a ilusión que el buscaba, non se cumpriron.
Cales eran esas condicións e o que tiña que acontecer? Só el o sabe,xa sabedes que os magos non revelan os seus trucos.
chúzame -


On xaneiro 2nd, 2006 at 3:50 pm
e entón, non me enterei… retrasouse ou non?
On xaneiro 4th, 2006 at 2:18 am
Halaaaaa, a primeira en ligarme (no sentido máis informático da palabra) tamén é a primeira en deixar un comentario, que riquiña.
Pois tiña pensado facer un post co resultado do que pasou, mais creo que vou facer un experimento e vou a engadilo neste. Non sei se quedará marcado como actualizado ou se non se notará, pero o caso é probar.
On xaneiro 4th, 2006 at 10:17 am
fai ilusión, si….
a min pasoume o mesmo. un día de súpeto, había dous comentarios… chegan así, sen avisar…

ánimo.
On xaneiro 9th, 2006 at 12:53 pm
mira aquí
http://eldiariodepedroluisbarbero.blogspot.com/2005/11/el-tiempo-ya-no-es-relativo.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2005/11/10/ciencia/1131612451.html
http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=46779
ao mellor, ten razón en que manexaron o reloxo da porta do sol… precisamente para retrasar un segundo!!!!
On xaneiro 11th, 2006 at 9:08 pm
He he he
Si, xa o sabía, pero a corrección en españa fíxose a unha da mañá por estar no meridiano GMT+1. De todolos xeitos, o mentalista falaba dun amaño de 18 segundos.
Eu non opino sobre se houbo ou non amaño, o único que digo é que se o houbo pola razón que fora (suporemos que non quixeron foder a Santillana) é normal que non houbera “ilusión”. E non é tan raro que no reloxo da porta do sol se fagan amaños, como moitos de vos lembraredes.
On xaneiro 12th, 2006 at 6:29 pm
pero de verdade se fixo ese cambio de un segundo?…. estaban a discutilo….