Policía naturista
Naturistas do mundo estamos de noraboa, unha asociación naturista decidiu que na praia do Abricó necesitábanse dous gardas nus coa fin de garantir as boas maneiras e o decoro. O resultado tédelo na foto do lado, totalmente real.
Há nove meses sem sinalização oficial da prefeitura indicando que a praia é reservada, por lei, para a prática de nudismo, a Associação Naturista de Abricó contratou dois seguranças. Para dar o exemplo, os xerifes do Abricó ficam só de boné e óculos escuros. E impõem respeito.
O respecto supoño que será directamente proporcional ao tamaño da porra. Brincadeiras aparte, segundo o 20minutos (na nova orixinal non aparece) teñen como misión controlar aos miróns e mandar á auga aos que moito "se animen".Mais a aparente liberdade sexual que se vive no Brasil non é tan estendida como puidéramos pensar, existe unha parte da poboación, que ou ben é bastante numerosa ou ten moito poder, que segue a loitar contra un mal que só está nos ollos dos que miran. Aquí podedes ler unha análise nun blog naturista da situación real e actual do Brasil.
Na Galiza tampouco estamos libres de certa polémica, aínda que a cousa parece que cada vez é asumida como máis "natural".
Aproveito que estou a escribir para saudar a tola do monte, a primeira persoa que me pon unha ligazón. Eu farei o mesmo cando arranxe un par de cousas do blogou cando mude, porque non estou moi convencido con este aloxamento. Con dicir que non podo facer unha previsualización do que vou escribir, creo que vos daredes de conta de que non estou moi cómodo.
Ánimo á tola e a tódol@s que escreben en galego, xa que aínda que non nos lean moito, estamos a contribuir coa normalización da nosa lingua nas novas tecnoloxías.
Actualizado o reloxo escangallado. Preme nel se queres saber que l
aconteceu.
chúzame -


On xaneiro 11th, 2006 at 6:07 pm
pois avisa a onde te mudas….
por certo, escribínche un comentario, e saiúme non sei moi ben que de que se detectara que era un spam e non me deixou publicalo…
para que o saibas, simplemente… a ver se este me deixa…
On xaneiro 11th, 2006 at 9:11 pm
Éche cousa do anti-spam, cando un comentario leva máis de dous ligazóns, queda gardada ata se aprobar.
Pero xa está aprobada
E non mudo, onde di “cando arranxe un par de cousas do blogou mudo” tiña que dicir “blog ou mude”, e como parece que xa sei facer algunhas cousas novas, penso quedar aquí mais tempo, aínda que o de non poder previsualizar é algo que quita as ganas de actualizar.
On xaneiro 12th, 2006 at 6:31 pm
non etendo moi ben o que dis do ‘blog ou mude’, pero o caso é que sigues aquí, non si?
e moitas gracias por incluirme nas túas tres primeiras ligazóns…