logo_firefoxXa sei que os que usamos o Firefox, podemos parecer moi pesados dicíndovos deseguido que abandoedes o explorer, mais é que vexo que aínda sodes moitos os que o usades (incluida ti, lúa). Pois unha vez máis teredes que aturar o rollo, mais eu non vos vou amolar coas súas vantaxes na seguridade, o xenial que é a navegación por fiestras, esquecerse case dos pop-up ou outros comentarios técnicos, para iso xa tedes a páxina oficial. Eu vouvos falar de ter un navegador a vosa medida, con todo o que necesitedes pero sen engadidos molestos, un producto personalizado para cada un de nós. E todo isto, gracias as innumerables e marabillosas extensións do firefox.

Pulsade na imaxe para ver mellor a imaxe do meu firefox tuneado (sí realmente é o meu). Aínda ten poucas cousas porque fai pouco que formateei o ordenador. Comezarei dicindo que sei que o meu gusto é un pouco raro, pero gustábame a cor e gústanme os gatos :) Tedes moitas outras skins para elixir, e van saíndo novas cada pouco tempo.

Ben, agora imos o choio.

Podedes ver nun desplegábel a dereita, a caixa de buscadores. Creo que no explorer tamén a hai, pero como extensión de Google ou Yahoo. Pois o Firefox permítenos ter centos deles. Xa vedes que eu teño varios buscadores, dicionarios e wikipedias, e máis que lle meterei cando os vaia necesitando. Engadilos é moi sinxelo, só tedes que ir aquí e buscar ou elixir o que máis vos preste. Para borrar os que non vos interesen tedes que ir a carpeta do Firefox>searchplugins e borrar os dous arquivos con nome do buscador que queredes eliminar. Ordealos é un pouco máis complicado, pero tamén pode facerse.

Outra cousiña, vedes que debaixo dos gatos, teño unhas carpetiñas, pois esas son os meus favoritos. Dentro de cada carpeta teño as ligazóns que máis utilizo. Pódese pór a ligazón directamente, pero se tes moitas é mellor telas en carpetas. Para engadir unha nova, nada tan sinxelo como picar na dirección, ben nun texto ou na barra de direccións, e sen soltar levala á barra de favoritos (ou á carpeta) e soltar.

Agora xa vou pasar os plugins propiamente ditos.

Ie Tab

Non vos vou enganar, hai xente (cada vez menos) que todavía fai as páxinas pensando só en que funcionen no Explorer, así que podemos atoparnos con algunha que non se vexa ben. Pois con esta extensión, podemos facer que o Firefox abra dita páxina usando o motor do explorer, pero sen sairmos do Firefox. Abaixo a esquerda no canto do logo do raposo de lume, sairá a "e" do explorer. E todo isto cun só click de botón dereito.

BugMeNot

Moitas veces navegando chegamos a unha páxina onde para ver ou descarregar algo temos que rexistrarnos, co que estarémonos asegurando un posterior envío de spam ao noso correo. Certo que existen correos basura para este tipo de cousas, ¿pero para que imos perde-lo tempo se alguén xa se rexistrou por nós? Outra vez o botón dereito e xa teremos un usuario e clave para poder ter o que buscabamos (sempre que alguén era de alta esa clave en Bugmenot)


FlashGot

Para os que non vivirades os tempos da internet de 56k ou pre-emule, igual non vos parece moi importante, pero está bastante ben. Permite relacionar dun xeito moi cómodo o navegador cun/s xestor de descárregas. Deste xeito, poderedes baixar arquivos sen que teña que ser todo dunha vez, ou máis rápido no caso de que existan mirrors.


BBCodeXtra

Esta extensión ten integradas as etiquetas de foros phpbb, vulletin e algunhas html, co que será máis sinxelo adornar os nosos escritos en foros ou comentarios de blogs.


LinkChecker

Esta é moi útil para os blogueiros, xa que nos permite comprobar que links dunha páxina xa non funcionan, un xeito moi rápido de ver se o noso blog segue estando ao día.


Web Developer

Este é imprescindíbel para os que queiran tunear o seu blog ou páxina personal, pero descubrino fai pouco e aínda quédame moito por investigar. Cando o faga xa volo comentarei. Por agora só podo dicir que ten moitísimas opciós, como por exemplo a de comprobación de ligazóns como a LinkChecker e facilita o traballo con CSS.

Se vos decidides a instalala, apareceravos unha nova barra debaixo da de favoritos, diminuindo o espazo que temos para ver as páxinas. A solución é sinxela, picamos co botón dereito e eliximos personalizar, e aparecerá unha fiestra coa que arrastrando e soltando podemos pór ou quitar tódolos botóns das barras de ferramentas. O que faremos é buscar o icono do Web Developer (unha roda dentada) é levala ó sitio que nos pareza mellor (no meu caso o lado do gato na casa :) ) Logo só teremos que picar na roda cada vez que queiramos que apareza ou desapareza.

Hai moitísimas máis, e seguramente mellores que as que eu poño, pero segundo as vaia descubrindo ireinas comentando, e vos animádevos a experimentar e compartir as que xa coñecedes. Polo de pronto déixovos un, ou dous agasallos aos que gustan do Hattrick.

Pedazo ladrillo que vos metín, pero penso que paga a pena.

Chuzame! chúzame -