Non ten nada de novo o feito de que algúns leoneses queiran ser unha rexión de seu, separada de Castilla. Pero o que me sorprendeu foi atopar esta imaxe nun vídeo que atopei no YouTube. Paréceme incríbel que vexan ao galego como un agresor do leonés do nivel do castellano. Se cadra, se deixaran de buscar inimigos onde non os hai e adicaran esforzos a promocionar a súa cultura, non terían un idioma practicamente desaparecido dende fai tantos anos. Se até a canción do vídeo falando dun "país lliones" está feita en castellano.

Cartel difamatorio

Isto xa é outro cantar, algún tarado inclúe Valdeorras (chamada por eles Valdiorras) nese país lliones, na que se nota claramente a súa cultura leonesa. Ou sexa, o feito de que unha parte do Bierzo ten cultura galega e algo máis que demostrado, pero as semellanzas entre Valdeorras e o Bierzo, como este último está en León, débense a cultura leonesa de Valdeorras. Con eses razonamentos van chegar moi lonxe.

Valdiorras nun ye Llionesa

Eu diría que esta foto é unha montaxe, pero non ten a calidade necesaria para aseguralo, e de non selo, dubido moito que fora feita por alguén de Valdeorras. Iso sí, o día que así fora, o marchar ou quedar é cousa que só eles teñen que decidir.

Non tiña pensado por isto, xa que nunha destas páxinas, comentaban a escaseza de ideas para escribir xa que o leonesismo é moi estático (cadavérico máis ben) pero que estaban ledos porque sempre había alguén novo que os descobría e os ligaba, aínda que fora para comentar as súas burradas. Aínda que é difícil resistirse a comentar algo cando les cousas coma esta, é mellor ignoralos.

Mejor sería que todos aquellos que NO SEPAN GALLEGO ni se pasen por allí a ayudar. Mejor sería que no pasase como con el PRESTIGE: un desastre al que acudieron a echar una mano miles de personas de fuera de Galicia que después fueron acusadas por los PAN-GALLEGUISTAS radicales de INTRUSOS ESPAÑOLES que acudían a una especie de RECONQUISTA de BREOGÁN quitándo a los nativos protagonismo. ¡¡Éste es un buen momento para que los turistas de paso a SANTIAGO, se queden aquí!! Nos iremos a algún país cercano a ver por qué no hay incendios allí.

Chuzame! chúzame -