Ciberirmandade do Spam

Pois é o que parece, hoxe estaba dando unha volta polo proxecto de tradución dos foros phpBB 3.0 que está facendo Ciberirmandade, e nunha das páxinas que se xeran para que poidamos colaborar na tradución, atopeime cun espazo publicitario do famoso Vicodin que tanto lle gusta a House.
O tema do spam está chegando a un nivel inaceptábel, calquera sitio web cun mínimo de interactividade co usuario é unha víctima potencial. E a maior parte da culpa témola nós, os usuarios, xa que son os nosos propios ordenadores (infectados cun virus) os que bombardean as webs con publicidade. Compría que comenzasemos a tomar un pouco máis en serio o tema da seguridade, a fin de contas, hai antivirus gratuitos e moi bos.
E falando de publicidade, aproveito para animarvos a que colaboredes nos proxectos de tradución de software ao galego, é doado, sinxelo, adícaslle o tempo que queiras sexa moito ou pouco, e tedes onde elixir Ciberirmandade ou Mancomun.
chúzame -

