Maiorías obsoletas
Por que cando alguén di que é vexetariano normalmente ten que aturar que lle intenten convencer de que está trabucado e incluso que lle chamen parvo?
Por que cando alguén di que é nacionalista normalmente ten que aturar que lle intenten convencer de que está trabucado e incluso que lle chamen parvo?
Por que cando alguén di que concorda coa norma AGAL normalmente ten que aturar que lle intenten convencer de que está trabucado e incluso que lle chamen parvo?
Isto é así, e todos o vivimos algunha vez como ofensor ou ofendido, e non nos sería moi complicado adiviñar que opcións son as menosprezadas habitualmente. E aínda que tamén existen casos na dirección contraria, son os menos. E por que?
Pola forza da maioría.
Parece que por sermos da maioría , ademáis de estar na posesión da verdade absoluta, temos o dereito e o deber de tratar de salvar os que non pensan coma nós, porque non nos enganemos, esas tres (e moitas outras) son só eleccións personais, que ás veces non teñen por que ser mellores ou peores, e que non lle afectan a ninguén máis có que así o decide. Cando estas críticas veñen dos sectores e persoas máis rancios da sociedade, pouca importancia teñen por esperadas e por ser pecata minuta ao lado doutras imposición de ideas que queren facer incluso sendo minoría. O problema é que moitos "progresistas" non son alleos a este mal, e aqueles que son tan tolerantes noutras cousas (moitas veces de máis), non son capaces de respectar o que teñen en frente.
A idea de facer unha entrada sobre isto veume tras ler a un tal bolo ou o seu amigo, que polo que lin ben podería ser o típico adolescente prepotente e ignorante ao mesmo tempo, mais só é unha suposición.
Soy un tipo raro, me gusta leer, discutir y beber cerveza. Suelo hablar de cosas que no tengo ni idea pero solo con algunos amigos (que ya saben que soy demasiado terco), opino sin que me pregunten, y sin dejar tiempo a que nadie me lo impida, creo que todos somos libres y el que no lo es verdaderamente es un imbécil (segunda acepción del DRAE, flaco, débil, que nadie se ofenda).
Isto é unha declaración de intencións, gústalle falar sen ter puta idea, pero iso si, cre na liberdade, le moito e sabe usar os dicionarios.
ya "casi" ni me divierto discutiendo con personas tan necias y memas, con mentecatos que creen que sus ideas son las únicas respetables, y lo más triste es que no saben defenderlas, lo intentan, son perseverantes, pero divagan y divigan hasta que un tozudo como yo les pide datos, documentos que acrediten sus expresiones
Esta é a parte onde os que son "libres" se non pensan coma el, teñen que aprobar algún tipo de exame ou convírtense en necios, mentecatos... Poderíavos parecer polo que di que foi el o que se atopou cun "salvador" da maioría (ou da minoría neste caso) pero xa veredes agora a que se refire.
en una "entretenida" charla con una persona que pertenece a un partido político nacionalista, en concreto, el BNG, me he dado cuenta que en un grupo nacionalista solo pueden militar individuos con una cultura nimia, discreta, incluso perdida.
Agora os "libres" xa non teñen nin que pasar o exame, directamente son uns ignorantes.
la pobre chica, no sabía que yo leía demasiado, comenzo a utilizar un gallego no normalizado en su conversación
Le demasiado (???) , usa dicionarios, pero non coñece a diferenza entre normalizado e normativo.
los nacionalistas no están ayudando demasiado a la cultura gallega, más bien la están destruyendo, intentado arruinar su "vocabulario", vocabulario que ellos inventan, palabras que jamás se han pronunciado antes por ningún gallego respetable, y muchos menos las escriben correctamente
Así que tódolos nacionalistas ademáis de destruir a cultura galega, falar un galego raro con palabras que non aparecen no dicionario das persoas respetabeis, son uns ignorantes que non saber escribir correctamente o galego. E vai apresentar unha serie de probas que só un necio e mentecado non recoñecería como DE-FI-NI-TI-VAS.
En la página del Portal galego da lingua, comienzan con un Bem-vidas(os)...
...Si dedicamos un minuto a realizar una búsqueda en el Diccionario de la Real Academia Galega, podemos observar que se escribe correctamente Asociación, si buscamos Associaçom, nos aparecerá un bonito mensaje que nos dice "Non se atopou o termo"...
Lo más triste aparece cuando en este portal se nos quiere enseñar a "Falar con jeito"
A pesar de ler con tanta atención a páxina de AGAL, non foi quen de comprender os obxectivos de dita asociación (que listo son, seina escribir "normalizadamente"), claro, escrita nun galego pouco respetábel, quen a vai entender? Quero chamar a atención sobre a súa crítica a Falar con Jeito, porque moitos son os "progresistas" que pensan que de AGAL non pode sair nada bo, desprezando cousas como esa sección ou o dicionario Estraviz, que son de uso máis que recomendado para todo aquel que quera mellorar o seu galego, indepentemente da norma.
se ha ofendido cuando le he dicho que cojones hace en política si no está informada de los acontecimientos diarios que suceden en este país, su respuesta a sido, "Non teño que saber de todo" (No tengo que saber de todo), he contestado más que convencido y sonriendo un "así va el país, que ni los políticos se enteran"
Unha vez deixado claro a malleira dialéctica que levou a rapaza, por (seguramente) non estar ao día nos últimos descubrimentos e proclamas de certos medios que todos coñecemos, alguén nos comentarios (que non fun eu) dille que o perigoso non é ter unhas ideas, senón ser un radical que que non admite as dos demáis, e claro dálle a razón, pero por suposto son os demáis os radicais, el faino todo dende a obxectividade e o respecto.
yo últimamente solo me encuentro gente demasiado radical, que quiere la independencia y que no razona cuando se le aportan datos, o soy yo, o no entiendo que sucede, en vez de darse cuenta que todos somos iguales, desunir es un atraso
Gustaríame ver os datos que ten pode que demostran que un tense que sentir español.
chúzame -

