Por fin chegou o tan agardado filme Torito Balboa, co que se pon fin a inesquecible saga do mesmo nome. Protagonizada e dirixida polo insuperábel actor e compatriota Emilio Pérez Touriño, quen superou a súa limitada capacidade de comunicación cunha inmellorábel capacidade de encaixe (especializado no de Camariñas) e cunha marabillosa e ousada banda sonora , segue na mesma liña dos anteriores directores. Nela, interpreta a un boxeador guillado de segunda coñecido como El torito de Lacoru, que quere demostrar que calquera pode ser un campión.
Temos en exclusiva unha imaxe da presentación do filme onde Torito posa xunto ao coñecido loitador da WWF Ibarretxe Logan.

Torito Balboa

Mentres chega ás nosas pantallas, podedes ir facendo boca con algúns dos mellores momentos da obra mestra deste saga Eu fixen a Torito III

O seu seguinte proxecto é unha historia dun triángulo amoroso cheo de intriga, traizóns e pensamentos perigosos, do que só se coñece o título provisional Estatuto: Como nadar e garda-la roupa

Chuzame! chúzame -