Apagón, apagón
Supoño que xa é coñecida por todo o mundo e non mundo a convocatoria do apagón eléctrico no día de hoxe. Moitos seredes os que tedes curiosidade por saber como foi o tema, participarades ou non na protesta, e pode que o que digan os xornais non vos chegue a moito. Por iso traiovos, estas capturas da páxina de rede eléctrica española onde se pode ver o consumo instantáneo de electricidade de cada día a tempo real. Por certo, esta páxina caiu durante o apagón debido o número de visitas, e aínda tardou un bo anaco en recuperarse.
Como podedes ver na primeira gráfica, aparece un pico de baixada de 1000 Mw no momento do apagón, e tendo en conta que o consumo previsto para ese intre era de 41000 Mw, houbo un descenso dun 2'5%. se o analizamos dende o punto de vista da producción eléctrica, non ten case importancia, xa que a xeración oscila ao longo do día entre 26000 e 44000 Mw, nun intervalo de 18000 Mw. Isto coméntoo por que lin nalgúns sitios que este apagón podería provocar problemas eléctricos a rede, pero nin a baixada foi tan importancia, nin o apagado foi sincronizado (afortunadamente).
Fixádevos que a semana pasada, polo do frío nese mesmo intre había un consumo de 43000 Mw, e dicir, o frío da semana pasada tivo o dobre de efecto no consumo, e iso que estamos a falar duns poucos graos de diferenza.
Declaracións a Ser
Luis Atienza, presidente de Red Eléctrica Española (REE), la empresa encargada de canalizar el suministro eléctrico en España, ha calificado la convocatoria de "limitada" en declaraciones a la SER. "Todo ha funcionado con normalidad" ha dicho Atienza, para quien la reducción ha sido, sobre todo, "en el ámbito doméstico", donde "ha podido llegar al 7%".
Pero no social, aínda que pareza que ese 2'5 non é nada, é moito. Pensemos que se cada español consumira a mesma cantidade de enerxía, estariamos a falar dun millón de persoas. Pero ese no é o caso, pensemos na cantidade de empresas e organismos públicos que non contribuíron por razóns evidentes ao apagón, na xente que está viaxando ou que está na rúa. Non teño os datos do consumo individual, pero penso que non se precisan para ver que foi un seguimento maior do que moitos esperabamos.
A todo isto, eu non participei porque non lle vexo a utilidade. Pasados os cinco minutos, o consumo foi o mesmo, igual que o resto do día, e a maior parte da xente que participou seguirá cos mesmos costumes de gasto enerxético, e os que poden obrigar a cambiar eses costumes, non van facer nada porque saben que isto foi unha moda máis de internet.
Pero estas cousas sempre teñen o seu aquel de estudo sociolóxico, e tamén para ir entrenando en canto a mobilización, que hai moito que so vai onde vai Vicente.
chúzame -



On febreiro 6th, 2007 at 12:08 pm
dado que os organismos oficiais non dubidaron en sumarse á iniciativa, moito me temo que o do apagón foi outra cortiña de fume máis. ¿Qué pasaría si se suxerira deixar pr un día apagados todolos vehículos a motor? ¿Cal sería a resposta?
On febreiro 6th, 2007 at 5:15 pm
moi boas…
canto tempo! xa nin sabía onde estabas!!!!
actualizo o teu enderezo para non volver perderme…
até já!