Hoxe é un dí­a con posibilidades xa que o estamento xudicial deu a coñecer o informe pericial sobre os explosivos usados no 11-M. A súa composición debí­a ser algo que non nos importara en absoluto, igual que non nos importa a marca do coche que conducí­a Farruquito, mais Luis del Pino e os seus Peones Negros decidiron que a "marca" dos explosivos fora un dos alicerces principais da súa teorí­a conspiranoica, pola que a autorí­a do atentado (tamén) corresponde a ETA, e dalgunha forma que o meu cerebro non pode procesar, o PSOE está implicado.

Habelos, hainos, polo menos en Vigo

O caso é que tras presentarse un informe que non deixa dúbidas, todaví­a temos quen nega a realidade, nunha demostración de alienación e fundamentalismo digna de ser estudiada. Dende Crónicas de Oz fannos un estupendo resumo da distinta interpretación que se lle dá ao informe nos medios, sendo a trí­ada formada por El Paí­s, El Mundo e LibegtadDigital o mellor exemplo do nivel de manipulación ao que está sometida a información e por asimilación a sociedade.

O lóxico serí­a pensar que esta manipulación tan evidente como continuada, lonxe de ter o efecto buscado, provocarí­a un espertar daqueles que algunha vez caí­ron nas súas redes. Pois non, máis ben é a demostración de que unha gran parte da sociedade prefire que os seus pensamentos sexan totalmente dirixidos, ou sinten algún tipo de pracer defendo aquilo que saben que é mentira ou malo.

El mismo porcentaje de encuestados asegura que la banda terrorista ETA no tuvo ninguna implicación en el 11-M, mientras un 29% cree que los etarras tendrí­an alguna relación con los terribles atentados que dejaron 191 muertos en Madrid.

Visto na Ser, que nesta ocasión supoño que non poderá ser acusada de manipulación, xa que recoñece que un 30% da poboación non cre na súa información.

Pois ben, se nos imos a unha páxina de total "confianza" a recoller uns cantos datos, podemos facer os seguintes cálculos.

Temos un total de 25.846.620 de votos que supoñen o 77'21% dos posibeis votantes en españa, que son uns 33.475.741.

Agora pensemos que cando se fan enquisas, normalmente a sociedade (universo) a estudar é precisamente o dos votantes, polo que aplicar a porcentaxe de 29% de "crédulos" ao número total de votantes, non é nin unha tolemia nin unha manipulación, se non unha boa aproximación da realidade.

Pois ben , o 29% de 33.475.741 é

9.707.965

e se volvemos páxina de "total confianza" comprobamos que o PP tivo exactamente

9.630.512 votos

o que indica que a diferencia entre votantes do PP e defensores das conspiracións da crem da crem do libegalismo e dun 0'8%, cifra desprecíabel que aínda podería ser más pequena se contasemos os votos aos outros partidos de extrema dereita.

Ben, unha de dúas ou a Ser inventou (manipulou) unha enquisa para dicir que os votantes do PP están totalmente adoutrinados, ou realmente en españa hai 10 millóns de persoas que votan incondicionalmente ao PP, aínda que teñan que crer/defender existe unha conspiración entre a xustiza e o goberno (dous dos tres poderes) para agochar a verdade sobre o maior acto terrorista da historia de españa. Algúns están totalmente comprometidos coa causa, chegando a tentar manipular a wikipedia no seu proveito as veces que faga falta.

Que cadaquén saque as súas conclusións.

Eu pola miña parte direi que penso que hai demasiada xente que non diferencia un equipo de fútbol dun partido político, aínda que hai ideoloxías que se prestan máis a ter ultras nas bancadas.

Chuzame! chúzame -