Marzo 2007


Un Bush moi monoHoxe temos en case tódolos xornais unha nova sobre o irmán de sangue do políglota e ex-líder cósmico Jose María Asnar. Efectivamente, o seu benquerido amigo Yors, tamén coñecido coma George W. Bush.

La Voz de Galicia

George W. Bush é o presidente de EE.UU. con menor coeficiente intelectual dos últimos 60 anos cun nivel de 91, segundo un estudo publicado polo Instituto Lovenstein de Scranton, Pensilvania.

Dito cociente estaría na fronteira entre unha intelixencia media (90-109) e unha normal baixa (80-89). Que máis quixeramos nós que ter a confirmación do que todos sospeitabamos, que o mundo está a ser gobernado por un semi-humano de intelixencia limitada e cargado de prexuízos.

20minutos

elpais.com

Pois non, señores e señoras, por moito que o digan os xornais máis coñecidos e seguramente os telexornais do mediodía, non é certo. Ademáis de ser unha historia que leva circulando por internet dende o ano 2001 (a boas horas se enteraron os xornalistas), é falsa, como demostran en sitios especializados en rastrexar e investigar lendas urbanas e non tan urbanas que se atopan en intenet, como pode ser Snopes.com

The article quoted above began circulating on the Internet during the summer of 2001. In furtherance of the hoax, later that year pranksters thought to register www.lovenstein.org and erect a web site around it in an attempt to fool people into thinking there really was such an institute.

É incríbel que os medios de comunicación tradicionais dean por certas noticias desas que a todos nos chegan por email sen se molestar en comprobalas, algo que até o máis langrán pode facer en cinco minutos utilizando internet. E xa nin quero falar da manipulación directa e consciente que fan das noticias relacionadas coa política, onde directamente minten, manipulan e esquecen os feitos segundo lles conveña. Non é o único, pero penso que o Mundo de P.J. e a súa conspiranoia sobre o 11-M é o mellor exemplo que se pode pór.

Afortunadamente, hoxe temos redes de información alternativas, que sen ser moito máis fiabeis, permítennos acceder a información que doutro xeito sería silenciada e denunciar os enganos dos medios tradicionais, como pode ser o do que hoxe falamos. O problema é que non é tan doado liberarnos do concepto de credibilidade que estes medios tiñan no pasado, e cando vemos un artigo ou noticia nun blogue ou rede social coma pode ser Chuza, sempre esperamos que como confirmación apareza ou proveña dun medio tradicional, cando está demostrado que eses medios cada vez máis collen as novas de internet e non perden nin un segundo en comprabalas.

Chuzame! chuzame -

Chuzame! chuzame -