Abril 2007


En BBCBrasil con data de 24 de fevereiro, 2006

Um homem foi obrigado a tomar uma cabra como "esposa" no Sudão depois de ter sido flagrado tendo relações sexuais com o animal.

Alifi, que mora na região do Alto Nilo, no sul do país, disse a um jornal sudanês que ouviu um barulho por volta de meia-noite do dia 13 de fevereiro, saiu para verificar e encontrou Tombe com sua cabra.

Hoxe 20.04.2007 - 03:04h, un ano despois en 20minutos

Cuando el señor Alifi escuchó ruido en la medianoche del pasado 13 de febrero en las afueras de su casa salió inmediatamente a enfrentarse con lo que suponí­a que era un ladrón.

Cual no serí­a su sorpresa cuando sorprendió al señor Tombe en pleno acto sexual con su cabra.

Vese que o señor Tombe, cada 13 de febreiro sinte unha atracción irresistí­bel polas cabras do señor Alifi, seguramente por moito escoitar A cabritinha de Quim Barreriros.

A noticia é unha chorrada, e que vaian cun ano de retraso neste caso non parece que sexa importante, pero é unha nova demostración de que os medios de comunicación cada vez máis só buscan o tí­tulo rechamante.

Comprobar fontes, investigar pola súa conta ou informar do verdadeiramente importante é cousa do pasado.

Copy & Paste powah!!!

Actualización: 13/05

Ao parecer o señor Tombe enviuvou fai uns días, mentres que para 20minutos Rose morreu case na lúa de mel, nós sabemos que desfrutaron dun ano do amor.

O viuvo

Segundo a BBC, o viúvo está tan afectado que non quere falar da súa muller.

Descanse en paz, señora Tombe.

Chuzame! chuzame -

Domokun galego

Isto, ao igual que a famosí­sima montaxe orixinal é unha crí­tica, unha crí­tica a tódolos mesí­as que pensan que só eles poden ter a razón, e todo aquel que se alonxe unha miguiña da súa doutrina non ten nin puta idea e é un traidor.

Non entendo esas descalificacións e insultos que hai entre os dous bandos, todos estamos a loitar polo galego, e temos un inimigo común. Por que temos que pelexar entre nós? E que non entendemos que a unión fai a forza?

Persoalmente penso que as dúas normativas teñen fallos e acertos, e sendo isolino, comprendo sen ningún esforzo que haxa quen pense que a norma AGAL é mellor. É máis, agradezo que na internet haxa tanta presenza reintegracionista, xa que puiden comprobar que o único que se necesita para lela sen dificultade é non ter prexuizos, e o máis importante, agora leo os textos en portugués con total normalidade, son moitas as veces que xa non sei se estou a ler galego ou portugués. Isto coido que lle pasará a todo o mundo, máis son moitos os que non o queren recoñecer, porque é máis doado destruir que construir.

Elexí­n facer a montaxe en AGAL porque penso que son os que reciben máis crí­ticas inxustificadas, coma sempre as minorí­as son máis tolerantes. Espero que axude a crear conciencia do surrealista da situación, e que non haxa moito panoco que a use para todo o contrario, porque como di o dito, cando o sabio sinala a lúa, o parvo mira o dedo.

Fontes usadas na montaxe:

Aduaneirossemfronteiras
La mirada del mendigo, aí­nda que esta foto pertence a Peliqueiroweb a verdade é que merece a pena botarlle unha ollada ao artigo.

Chuzame! chuzame -