Domokun galego
Isto, ao igual que a famosísima montaxe orixinal é unha crítica, unha crítica a tódolos mesías que pensan que só eles poden ter a razón, e todo aquel que se alonxe unha miguiña da súa doutrina non ten nin puta idea e é un traidor.
Non entendo esas descalificacións e insultos que hai entre os dous bandos, todos estamos a loitar polo galego, e temos un inimigo común. Por que temos que pelexar entre nós? E que non entendemos que a unión fai a forza?
Persoalmente penso que as dúas normativas teñen fallos e acertos, e sendo isolino, comprendo sen ningún esforzo que haxa quen pense que a norma AGAL é mellor. É máis, agradezo que na internet haxa tanta presenza reintegracionista, xa que puiden comprobar que o único que se necesita para lela sen dificultade é non ter prexuizos, e o máis importante, agora leo os textos en portugués con total normalidade, son moitas as veces que xa non sei se estou a ler galego ou portugués. Isto coido que lle pasará a todo o mundo, máis son moitos os que non o queren recoñecer, porque é máis doado destruir que construir.
Elexín facer a montaxe en AGAL porque penso que son os que reciben máis críticas inxustificadas, coma sempre as minorías son máis tolerantes. Espero que axude a crear conciencia do surrealista da situación, e que non haxa moito panoco que a use para todo o contrario, porque como di o dito, cando o sabio sinala a lúa, o parvo mira o dedo.
Fontes usadas na montaxe:
Aduaneirossemfronteiras
La mirada del mendigo, aínda que esta foto pertence a Peliqueiroweb a verdade é que merece a pena botarlle unha ollada ao artigo.
chuzame -



On Abril 23rd, 2007 at 5:40 pm
Chuzado!
http://chuza.org/historia/cada-vez-que-escreves-em-reintegrado-deus-espanholiza-um-galego-por-favor-pensa-en-nos
On Agosto 5th, 2007 at 12:55 pm
é certo o que dis, as duas normativas luitam polo galego.
saude