Publicado por Xerelo o 6 Set 2007 9:31 am. Arquivado en
Político-Social.

Reclamación dunha illa de Toralla de uso público e ceive de desfeitas arquitectónicas.
O sábado 8 de setembro ás 18:00 convidámosvos a I Reconquista da illa de Toralla, coa que pretendemos reinvidinca-lo uso da illa por parte de tod@s e manifestar a nosa repulsa ás construccións feitas nela, en especial á torre. Será un acto pacífico que arrincará dende o principio da ponte, no que levaremos música e iremos con vestimenta pirata para facelo máis visibel. Animámosvos a participar, tanto pola ponte como pola auga, xa sexa en piraguas, barcas, chalupas…Un saúdo.
Colectivo Xogo Descuberto
chuzame -
Publicado por Xerelo o 3 Set 2007 8:38 pm. Arquivado en
Desinformación.
Unha vez máis, o xornal 20minutos amósanos a cada vez máis preocupante presenza do sensacionalismo nos medios convencionais, que os leva a publicar as novas máis chorras.
Una joven rubia extravió su cámara de fotos durante las vacaciones y ahora la buscan por toda la Red para devolvérsela.
Se desconoce si estamos ante un gran estrategia publicitaria o si se trata de una historia real.
Ben, a cousa non sería máis que unha desas novas de recheo das que acostuman a usar sobre todo no vrao (hai tantas que xa non sei quen rechea a quen), e que tamén aparecen nos medios non convencionais como menéame . Pero hai unha diferenza, mentres que en menéame a nova e rapidamente detectada coma falsa (recurrindo a outras fontes), no 20minutos continua a aparecer como dubidosa, deixando como remate do artigo, a seguinte declaración
Por el momento, la joven sigue sin dar señales de vida, sus fotos circulan a velocidad vertiginosa por webs y foros y Facebook se frota las manos mientras aumenta sus visitas y miembros de modo inusitado.
Pero o realmente grave do asunto, e que outros medios ligados no artigo coma son o Sun ou o Daily Mail (eles chámanlle Daily Mirror), din moi claramente.
THE X-RATED holiday snaps of a busty blonde which caused a stir on the internet has been exposed as an advert for a porn site.
But the object of their fascination turns out to be Wendy, a model who poses for X-rated pictures online.
The porn site has admitted that it was all a "clever viral marketing campaign".
Pois si, non se trataba máis que dunha campaña de publicidade viral dunha web porno. E non pensedes que os xornais ingleses editaron despois de que 20minutos publicara, porque como se pode ver polas datas, a última edición do Daily foi antes de que se publicase no 20minutos.
Xa se sabe, á noticia gratis que ben de internet non lle mires as fontes. Se alguén máis fala dela, ha de ser certa.
chuzame -