Unha vez máis, o xornal 20minutos amósanos a cada vez máis preocupante presenza do sensacionalismo nos medios convencionais, que os leva a publicar as novas máis chorras.

  • Una joven rubia extravió su cámara de fotos durante las vacaciones y ahora la buscan por toda la Red para devolvérsela.
  • Se desconoce si estamos ante un gran estrategia publicitaria o si se trata de una historia real.
  • Ben, a cousa non sería máis que unha desas novas de recheo das que acostuman a usar sobre todo no vrao (hai tantas que xa non sei quen rechea a quen), e que tamén aparecen nos medios non convencionais como menéame . Pero hai unha diferenza, mentres que en menéame a nova e rapidamente detectada coma falsa (recurrindo a outras fontes), no 20minutos continua a aparecer como dubidosa, deixando como remate do artigo, a seguinte declaración

    Por el momento, la joven sigue sin dar señales de vida, sus fotos circulan a velocidad vertiginosa por webs y foros y Facebook se frota las manos mientras aumenta sus visitas y miembros de modo inusitado.

    Pero o realmente grave do asunto, e que outros medios ligados no artigo coma son o Sun ou o Daily Mail (eles chámanlle Daily Mirror), din moi claramente.

    THE X-RATED holiday snaps of a busty blonde which caused a stir on the internet has been exposed as an advert for a porn site.

    But the object of their fascination turns out to be Wendy, a model who poses for X-rated pictures online.

    The porn site has admitted that it was all a "clever viral marketing campaign".

    Pois si, non se trataba máis que dunha campaña de publicidade viral dunha web porno. E non pensedes que os xornais ingleses editaron despois de que 20minutos publicara, porque como se pode ver polas datas, a última edición do Daily foi antes de que se publicase no 20minutos.

    Xa se sabe, á noticia gratis que ben de internet non lle mires as fontes. Se alguén máis fala dela, ha de ser certa.

    Chuzame! chúzame -