Infornáutica


Aquí está a tradución ao galego feita por min da última versión deste popular CMS.

Galeguiza o teu Xoops

Esta é a primeira versión, así que seguro hai moitos fallos, por iso esperarei uns días antes de enviala á páxina oficial de Xoops. Se atopades algún fallo ou vedes algo que se poida mellorar non dubidedes en comentarmo.

Se usades outro CMS chamado Joomla, podedes coller/colaborar a súa tradución en Ciberirmandade.

Actualización (29-12-09):
Xa está recollida na páxina de traducións do sitio oficial Xoops.org

Chuzame! chuzame -

FirefoxUnha vez máis pido desculpas por ter tan esquecido isto, aínda que a maioría nin vos decatarades ;-). Veño a presentarvos outras extensións ou plugs para o Firefox, que poida que vos fagan a navegación pola rede máis doada e proveitosa.

Antes de nada, teño que falarvos dunha revolución, o Firefox Portable. Este é un Firefox que poderedes executar dende a vosa memoria USB (máis coñecida como pincho) en calquera ordenador. Así poderedes levar con vós, os vosos favoritos, extensións, e claves sen que teñades que preocuparvos por que queden gravadas nun ordenador alleo.

A única diferenza é que tarda un pouco máis en cargar, pero unha vez listo, non notaredes ningunha diferenza. E hai un pequeno problema, teredes o firefox en inglés, aínda que isto pódese solucionar.

Traducir Firefox ao galego

Comezamos por algo que xa deberiades ter feito fai moito tempo.

Buscamos o menú Tools (Herramientas ou Ferramentas) e eliximos Options (Opciones ou Opcións).

Pulsamos o botón Advanced (o último dos que saen) e despóis eliximos a primeira pestana (non me lembro o que puña, no meu chámase Xeral). Nela, embaixo seleccionamos o botón Edit Languages (Editar Idiomas).

Seleccionamos un novo idioma (o galego por suposto) e dámoslle a engadir, e despóis a subir ata que estea de primeiro na lista. Así o que facemos é que sempre se mostren preferentemente as páxinas escritas en galego.

Agora imos coa tradución propiamente dita.

Se temos o programa en inglés, primeiro temos que facer o seguiente.

Escribir na barra de direccións (onde escribimos as www)

about:config

e buscamos a liña que pon

general.useragent.locale

Modificámolo e pomos

es-ES

onde penso que antes puña en-US. Evidentemente, este paso podémolo saltar se temos o firefox en castelán.

Por último imos a páxina de galego21 e seguimos as instruccións do punto 2 de Como probar o programa?

O enlace de galego21 xa non vai, polo que teredes que agardar ata que en mancomun.org rematen coa tradución que están a facer do recén saído Firefox 2.0 . Por certo, pódese colaborar coa tradución dun xeito moi sinxelo, cómodo e rápido. Así que animádevos.

E xa está.

Actualizar Favoritos no noso Firefox portable

Tan sinxelo como ir ao directorio do noso firefox "non portable", e copiar o arquivo bookmarks.html que se atopa en

firefox_defaults_profile

no seu equivalente do Firefox portable.

E por último as extensións, que xa as esquecía.

Anonymouser

Trátase dun plug que permite a utilización directa do famoso web proxy Anonymouse. Para os que non teñades nin idea do que é un proxy dareivos unha pequena explicación, que agardo que vos permita facervos unha idea da súa utilidade.

Cando nos conectamos a unha páxina web, prodúcese un intercambio de información entre o noso ornador e o que almacena a páxina. Entre esa información atópase a IP dos dous, que é algo así coma o DNI dos ordenadores.

Ás veces, a nosa IP queda grabada en páxinas onde se amosa públicamente (algúns foros), ou utilízase para restrinxir a entrada a determinados lugares a un ordenador ou servicio determinado.

O proxy introduce outro ordenador polo medio, de forma que o noso ordenador pide as cousas ao intermedio, e este o servidor, de xeito que para o servidor non está a "falar" con nós, senón co intermedio.

As cousas non son exactamente así, e tampouco pensedes nin de broma que isto dávos auténtica anonimicidade, pero serve para que vos fagades unha idea.


VideoDownloader

Xa saberedes que ultimamente están moi de moda as páxinas de vídeos como Youtube ou Google Video, onde podedes encontrar dende películas enteiras, videoclips ou os vídeos máis estranos que poidades imaxinar. O problema é que na maioría delas é moi complicado baixarse o vídeo, pero gracias a Javi moya, xa o podemos facer de xeito sinxelo (ou case).


Gmail Space

Moitos de vós teredes unha conta de 2GB en Gmail totalmente valdeira, cuns poucos megas ocupados. Pois con esta extensión, podemos usar eses 2 GB como se fora un disco duro, gardando nel arquivos e recuperándoos cando queiramos. A única limitación é que os arquivos de máis de 14MB deberemos partilos cun compresor ou un programa específico de partición coma o Hacha. O funcionamento é similar o de unha FTP, algo que a maioría non vos interesa, pero se buscades un cliente de FTP, aquí tedes un boísimo, o FireFtp.


Calculator

Ben, desta non hai moito que dicir, é unha calculadora como a que trae windows. A vantaxe que lle vexo é que permite abrila no navegador, no canto de ter que usar unha nova fiestra. Ademáis vai gardando as operacións e resultados, co que é máis doado detectar e arranxar erros.

Estas son as últimas novidades, e para os que non o saiban aquí tedes a anterior entrega.

Chuzame! chuzame -

Ghaiteiro intifadoSe tedes vido anteriormente por este blog, seguramente xa vos decatastes de que andei fedellando cos tradutores. Non tiña pensado comentar nada deles xa que eu fíxeno máis que nada por xogar con cousas novas, xa que penso que a inmensa maioría dos que poden acabar lendo estas liñas comprenden o galego, pero unha pregunta de Calidonia fíxome ver que non estaba de máis que comentara o asunto. Primeiro comentarei o que fixen, e logo pasarei o problema de Calidonia, que non sei se lle valerá, porque eu pouco sei de informática.
Galego-castelán

Para a tradución galego-castelán utilicei o Apertium da Universidade de Vigo que é unha extensión do Opentrad Apertium, un tradutor de código libre co que poderedes facer outras traducións.

Funciona bastante ben, eu ao ler a tradución parecíame estar lendo o que escribira un deses "no te se me da nada bien hablar el gallego", e amais diso, unha vez carregada a páxina traducirá o resto das seccións ou páxinas que teñamos ligadas.

O único que fixen foi crear unha ligazón apuntando a seguinte dirección

É moi longa

Como vedes, o único que hai que facer é cambiar a dirección desta páxina (intifada.bitacoras.com) pola da vosa.

Galego-inglés

Ben, aquí está o único que ten o seu aquel. Se estivestes a buscar, decatariadesvos de que non é tarefa fácil atopar un tradutor galego-inglés, e que a solución é usar un que traduza dende o castelán ou dende o portugués. Pois non, non é a única solución.

O que fixen foi coller a dirección da páxina traducida ao castelán (a que puxen unhas liñas por riba) e introducila noutro traductor, para facer así unha tradución castelán-inglés . Pero ollo, isto non funciona en tódolos tradutores, xa que non nos enganemos, eses programas non están pensados para que poidamos facer o que nos pete.

Tamén e longa

A esa dirección tedes que engadirlle a anterior. O que mellor furrulou foi o Babelfish, pero non permite seguir traducindo nas ligazóns, é dicir, só traduce a páxina que lle metemos, no meu caso a principal.

Por se non chegara con isto, non che dá unha dirección clara de onde engadirlle a túa dirección, así que tiven que "roubala", polo que non aparece o frame de enriba onde di que está sendo traducida por Babelfish. Supoño que iso non lles gustará moito e en calquera momento, cortannos o choio.

Uhm, deixo esto en corentena, xa que acabo de probalo co explorer e aínda que traducía, non mantiña o aspecto da páxina. Pode ser que funcione ben, pero é que agora mesmo estou tendo problemas para entrar na páxina independentemente do xeito no que o faga.

Galego-catalán

Deste teño pouco que dicir, só puiden facer o de traducir dende o galego coma se fose castelán, así que a tradución é anecdótica, non creo que teña moito valor, máis ten o seu aquel ver a mestura de galego e catalán, algo que poderíase chamar catagal.

Non había de ser menos

Xa sabedes, tralo = só tedes que engadir a vosa dirección.

E agora vou pasar o problema de Calidonia, que polo que vin é un problema común a tódolos que están Blogger, e posibelmente a outros hospedaxes de blogs.

Primeiro teño que facer unha introducción sobre o tema, así que se sodes dos que a informática failles doe-la cabeza, saltade esta parte.

A hora de gardar textos, asígnaselle a cada letra un conxunto de 1 e 0, por exemplo no ASCII, que é o formato máis coñecido, o "A" sería 0100 0001. Por ter 8 bits, o número de símbolos dispoñibles son 256, o que non é moito. Para aumenta-las posibilidades apareceron outros códigos como o UTF-8, que o ter 16 bits permite usaren tódolos símbolos dos distintos alfabetos, algo que a un sitio como Blogger polo seu carácter internacional vénlle que nin o demo. O problema é que un tradutor de galego-castelán, só necesita que recolla os alfabetos latinos, e por iso para aforrar memoria úsase o ISO-8859-1. No caso de bitácoras.com, por estar orientada o mundo hispano, e a vén por defecto.

Posíbel solución

Xa dixen que non sei moito de informática e non fixen a proba, mais coido que isto podería valer, se é que deixa facelo.

Tes que buscar no template, a páxina modelo sobre a que se constrúen as outras, e atopar dentro da etiqueta <head>

charset=utf-8"

e substituilo por

charset=ISO-8859-1"

Utiliza a función buscar e sairache directamente, só sae unha vez.

Agora que fixen a mudanza a Blogaliza, descubrín que esta solución non ten nada que ver coa realidade. Os textos das entradas do blog, gárdanse nunha base de datos cun dos formatos dos que xa falei. O formato pódese trocar indo a Opcións e logo en Lendo (Isto en Blogaliza, que traballa sobre WordPress), e onde pon Codificación de páxinas e sumarios substituimos o

UTF-8 por ISO-8859-1

Se estamos a comezar un novo blog non teremos problemas, mais se xa temos entradas feitas, os acentos despareceranos. Se facedes unha mudanza coma min, lembrade que podedes exportar os textos xa no formato ISO, co que xa podedes configurar dende o principio o blog en ISO.

Chuzame! chuzame -

logo_firefoxXa sei que os que usamos o Firefox, podemos parecer moi pesados dicíndovos deseguido que abandoedes o explorer, mais é que vexo que aínda sodes moitos os que o usades (incluida ti, lúa). Pois unha vez máis teredes que aturar o rollo, mais eu non vos vou amolar coas súas vantaxes na seguridade, o xenial que é a navegación por fiestras, esquecerse case dos pop-up ou outros comentarios técnicos, para iso xa tedes a páxina oficial. Eu vouvos falar de ter un navegador a vosa medida, con todo o que necesitedes pero sen engadidos molestos, un producto personalizado para cada un de nós. E todo isto, gracias as innumerables e marabillosas extensións do firefox.

Pulsade na imaxe para ver mellor a imaxe do meu firefox tuneado (sí realmente é o meu). Aínda ten poucas cousas porque fai pouco que formateei o ordenador. Comezarei dicindo que sei que o meu gusto é un pouco raro, pero gustábame a cor e gústanme os gatos :) Tedes moitas outras skins para elixir, e van saíndo novas cada pouco tempo.

Ben, agora imos o choio.

Podedes ver nun desplegábel a dereita, a caixa de buscadores. Creo que no explorer tamén a hai, pero como extensión de Google ou Yahoo. Pois o Firefox permítenos ter centos deles. Xa vedes que eu teño varios buscadores, dicionarios e wikipedias, e máis que lle meterei cando os vaia necesitando. Engadilos é moi sinxelo, só tedes que ir aquí e buscar ou elixir o que máis vos preste. Para borrar os que non vos interesen tedes que ir a carpeta do Firefox>searchplugins e borrar os dous arquivos con nome do buscador que queredes eliminar. Ordealos é un pouco máis complicado, pero tamén pode facerse.

Outra cousiña, vedes que debaixo dos gatos, teño unhas carpetiñas, pois esas son os meus favoritos. Dentro de cada carpeta teño as ligazóns que máis utilizo. Pódese pór a ligazón directamente, pero se tes moitas é mellor telas en carpetas. Para engadir unha nova, nada tan sinxelo como picar na dirección, ben nun texto ou na barra de direccións, e sen soltar levala á barra de favoritos (ou á carpeta) e soltar.

Agora xa vou pasar os plugins propiamente ditos.

Ie Tab

Non vos vou enganar, hai xente (cada vez menos) que todavía fai as páxinas pensando só en que funcionen no Explorer, así que podemos atoparnos con algunha que non se vexa ben. Pois con esta extensión, podemos facer que o Firefox abra dita páxina usando o motor do explorer, pero sen sairmos do Firefox. Abaixo a esquerda no canto do logo do raposo de lume, sairá a "e" do explorer. E todo isto cun só click de botón dereito.

BugMeNot

Moitas veces navegando chegamos a unha páxina onde para ver ou descarregar algo temos que rexistrarnos, co que estarémonos asegurando un posterior envío de spam ao noso correo. Certo que existen correos basura para este tipo de cousas, ¿pero para que imos perde-lo tempo se alguén xa se rexistrou por nós? Outra vez o botón dereito e xa teremos un usuario e clave para poder ter o que buscabamos (sempre que alguén era de alta esa clave en Bugmenot)


FlashGot

Para os que non vivirades os tempos da internet de 56k ou pre-emule, igual non vos parece moi importante, pero está bastante ben. Permite relacionar dun xeito moi cómodo o navegador cun/s xestor de descárregas. Deste xeito, poderedes baixar arquivos sen que teña que ser todo dunha vez, ou máis rápido no caso de que existan mirrors.


BBCodeXtra

Esta extensión ten integradas as etiquetas de foros phpbb, vulletin e algunhas html, co que será máis sinxelo adornar os nosos escritos en foros ou comentarios de blogs.


LinkChecker

Esta é moi útil para os blogueiros, xa que nos permite comprobar que links dunha páxina xa non funcionan, un xeito moi rápido de ver se o noso blog segue estando ao día.


Web Developer

Este é imprescindíbel para os que queiran tunear o seu blog ou páxina personal, pero descubrino fai pouco e aínda quédame moito por investigar. Cando o faga xa volo comentarei. Por agora só podo dicir que ten moitísimas opciós, como por exemplo a de comprobación de ligazóns como a LinkChecker e facilita o traballo con CSS.

Se vos decidides a instalala, apareceravos unha nova barra debaixo da de favoritos, diminuindo o espazo que temos para ver as páxinas. A solución é sinxela, picamos co botón dereito e eliximos personalizar, e aparecerá unha fiestra coa que arrastrando e soltando podemos pór ou quitar tódolos botóns das barras de ferramentas. O que faremos é buscar o icono do Web Developer (unha roda dentada) é levala ó sitio que nos pareza mellor (no meu caso o lado do gato na casa :) ) Logo só teremos que picar na roda cada vez que queiramos que apareza ou desapareza.

Hai moitísimas máis, e seguramente mellores que as que eu poño, pero segundo as vaia descubrindo ireinas comentando, e vos animádevos a experimentar e compartir as que xa coñecedes. Polo de pronto déixovos un, ou dous agasallos aos que gustan do Hattrick.

Pedazo ladrillo que vos metín, pero penso que paga a pena.

Chuzame! chuzame -