Político-Social


Toralla

 

Reclamación dunha illa de Toralla de uso público e ceive de desfeitas arquitectónicas.

O sábado 8 de setembro ás 18:00 convidámosvos a I Reconquista da illa de Toralla, coa que pretendemos reinvidinca-lo uso da illa por parte de tod@s e manifestar a nosa repulsa ás construccións feitas nela, en especial á torre. Será un acto pacífico que arrincará dende o principio da ponte, no que levaremos música e iremos con vestimenta pirata para facelo máis visibel. Animámosvos a participar, tanto pola ponte como pola auga, xa sexa en piraguas, barcas, chalupas…Un saúdo.

Colectivo Xogo Descuberto

Chuzame! chuzame -

Seguindo a metáfora do ilustre faraón de Madrid

Gallardón compara a Rajoy con Fernando Alonso porque será "el número 1" del partido y en la preferencia de los españoles

e tendo en conta como andan as cousas por Génova

Con diplomacia, Mariano Rajoy enfrió ayer las aspiraciones de Alberto Ruiz-Gallardón de ir a las listas del Congreso aun sin descartarlo. El líder del PP reiteró que no es momento de hablar de listas. Mientras, aseguró que habla a menudo con Rodrigo Rato

a factoría Mintiendo ten o gusto de presentar MarianoKart 2008, o videoxogo revelación do próximo ano.

Marianokart 2008

Chuzame! chuzame -

Petroleum Azores Quartet

Chuzame! chuzame -

Un Bush moi monoHoxe temos en case tódolos xornais unha nova sobre o irmán de sangue do políglota e ex-líder cósmico Jose María Asnar. Efectivamente, o seu benquerido amigo Yors, tamén coñecido coma George W. Bush.

La Voz de Galicia

George W. Bush é o presidente de EE.UU. con menor coeficiente intelectual dos últimos 60 anos cun nivel de 91, segundo un estudo publicado polo Instituto Lovenstein de Scranton, Pensilvania.

Dito cociente estaría na fronteira entre unha intelixencia media (90-109) e unha normal baixa (80-89). Que máis quixeramos nós que ter a confirmación do que todos sospeitabamos, que o mundo está a ser gobernado por un semi-humano de intelixencia limitada e cargado de prexuízos.

20minutos

elpais.com

Pois non, señores e señoras, por moito que o digan os xornais máis coñecidos e seguramente os telexornais do mediodía, non é certo. Ademáis de ser unha historia que leva circulando por internet dende o ano 2001 (a boas horas se enteraron os xornalistas), é falsa, como demostran en sitios especializados en rastrexar e investigar lendas urbanas e non tan urbanas que se atopan en intenet, como pode ser Snopes.com

The article quoted above began circulating on the Internet during the summer of 2001. In furtherance of the hoax, later that year pranksters thought to register www.lovenstein.org and erect a web site around it in an attempt to fool people into thinking there really was such an institute.

É incríbel que os medios de comunicación tradicionais dean por certas noticias desas que a todos nos chegan por email sen se molestar en comprobalas, algo que até o máis langrán pode facer en cinco minutos utilizando internet. E xa nin quero falar da manipulación directa e consciente que fan das noticias relacionadas coa política, onde directamente minten, manipulan e esquecen os feitos segundo lles conveña. Non é o único, pero penso que o Mundo de P.J. e a súa conspiranoia sobre o 11-M é o mellor exemplo que se pode pór.

Afortunadamente, hoxe temos redes de información alternativas, que sen ser moito máis fiabeis, permítennos acceder a información que doutro xeito sería silenciada e denunciar os enganos dos medios tradicionais, como pode ser o do que hoxe falamos. O problema é que non é tan doado liberarnos do concepto de credibilidade que estes medios tiñan no pasado, e cando vemos un artigo ou noticia nun blogue ou rede social coma pode ser Chuza, sempre esperamos que como confirmación apareza ou proveña dun medio tradicional, cando está demostrado que eses medios cada vez máis collen as novas de internet e non perden nin un segundo en comprabalas.

Chuzame! chuzame -

Chuzame! chuzame -

Hoxe é un dí­a con posibilidades xa que o estamento xudicial deu a coñecer o informe pericial sobre os explosivos usados no 11-M. A súa composición debí­a ser algo que non nos importara en absoluto, igual que non nos importa a marca do coche que conducí­a Farruquito, mais Luis del Pino e os seus Peones Negros decidiron que a "marca" dos explosivos fora un dos alicerces principais da súa teorí­a conspiranoica, pola que a autorí­a do atentado (tamén) corresponde a ETA, e dalgunha forma que o meu cerebro non pode procesar, o PSOE está implicado.

Habelos, hainos, polo menos en Vigo

O caso é que tras presentarse un informe que non deixa dúbidas, todaví­a temos quen nega a realidade, nunha demostración de alienación e fundamentalismo digna de ser estudiada. Dende Crónicas de Oz fannos un estupendo resumo da distinta interpretación que se lle dá ao informe nos medios, sendo a trí­ada formada por El Paí­s, El Mundo e LibegtadDigital o mellor exemplo do nivel de manipulación ao que está sometida a información e por asimilación a sociedade.

O lóxico serí­a pensar que esta manipulación tan evidente como continuada, lonxe de ter o efecto buscado, provocarí­a un espertar daqueles que algunha vez caí­ron nas súas redes. Pois non, máis ben é a demostración de que unha gran parte da sociedade prefire que os seus pensamentos sexan totalmente dirixidos, ou sinten algún tipo de pracer defendo aquilo que saben que é mentira ou malo.

El mismo porcentaje de encuestados asegura que la banda terrorista ETA no tuvo ninguna implicación en el 11-M, mientras un 29% cree que los etarras tendrí­an alguna relación con los terribles atentados que dejaron 191 muertos en Madrid.

Visto na Ser, que nesta ocasión supoño que non poderá ser acusada de manipulación, xa que recoñece que un 30% da poboación non cre na súa información.

Pois ben, se nos imos a unha páxina de total "confianza" a recoller uns cantos datos, podemos facer os seguintes cálculos.

Temos un total de 25.846.620 de votos que supoñen o 77'21% dos posibeis votantes en españa, que son uns 33.475.741.

Agora pensemos que cando se fan enquisas, normalmente a sociedade (universo) a estudar é precisamente o dos votantes, polo que aplicar a porcentaxe de 29% de "crédulos" ao número total de votantes, non é nin unha tolemia nin unha manipulación, se non unha boa aproximación da realidade.

Pois ben , o 29% de 33.475.741 é

9.707.965

e se volvemos páxina de "total confianza" comprobamos que o PP tivo exactamente

9.630.512 votos

o que indica que a diferencia entre votantes do PP e defensores das conspiracións da crem da crem do libegalismo e dun 0'8%, cifra desprecíabel que aínda podería ser más pequena se contasemos os votos aos outros partidos de extrema dereita.

Ben, unha de dúas ou a Ser inventou (manipulou) unha enquisa para dicir que os votantes do PP están totalmente adoutrinados, ou realmente en españa hai 10 millóns de persoas que votan incondicionalmente ao PP, aínda que teñan que crer/defender existe unha conspiración entre a xustiza e o goberno (dous dos tres poderes) para agochar a verdade sobre o maior acto terrorista da historia de españa. Algúns están totalmente comprometidos coa causa, chegando a tentar manipular a wikipedia no seu proveito as veces que faga falta.

Que cadaquén saque as súas conclusións.

Eu pola miña parte direi que penso que hai demasiada xente que non diferencia un equipo de fútbol dun partido político, aínda que hai ideoloxías que se prestan máis a ter ultras nas bancadas.

Chuzame! chuzame -

Vía Chuza atopámonos hoxe con esta incríbel nova, na que se amosa un regulamento interno do Hotel Loujo de La Toja, onde se pide os empregados que non falen en galego entre eles. Aquí a foto do parágrafo da vergonza:

Regulamento interno

Podería entender que nel se recomendara non falar diante dos clientes en linguas que non coñezan, a fin de contas non é agradábel non entender o que se está a falar diante túa, e un hotel loxicamente buscará que os seus clientes se sintan o máis cómodo posíbel. Mais, que acontece co castellano? Poden falar diante dun inglés en castellano mais non en galego? A explicación supoño que sería que estamos en españa e non se lles ocorre dicirlle aos empregados que non poden empregar o idioma do país para falar entre eles, pois señores do Loujo, o galego tamén é por lei o idioma do noso país, e para moitos é o único idioma do país.

Por iso, vendo o desprezo que se fai da cultura galega neste hotel, pido que lle sexa retirado o distintivo Galicia Calidade.

Campaña contra Hotel Louxo

Actualización: Rectificación na súa páxina web

Grazas a presión social exercida sobre todo a través de internet, e ao traballo de xente coma Celso Álvarez Cáccamo do PGL e Carlos Callón da Mesa, conseguiuse unha rectificación, e o que eu cría imprescindíbel, unha demostración do cambio de actitude.

  • Elaboración dunha versión en galego da súa web
  • o cambio de denominación do hotel para respectar o topónimo oficial A Toxa
  • Inclusión do galego nas información que se ofrece á clientela
  • Redacción das normas internas en galego
  • Contactar coa iniciativa Galempresa
  • Informar activamente nos medios da súa postura e das medidas que está a tomar

Esta actualización é un resumo do correo enviado por Ciberirmandade.org aos seus usuarios.

Chuzame! chuzame -

Hoxe dando unha volta por unha das miñas páxinas favoritas de fotomontaxes (Gorkalimotxo) atopeime con esta iniciativa para apoiar ao suplemento Caduca Hoy, que foi denunciado por brincar co feito de que Juan Carlos Borbón matase un oso bébedo nunha das súas últimas viaxes. Poderíame estender máis, pero concordo plenamente con Gorkalimotxo, polo que recomendo a súa lectura.

Unha imaxe que te pode levar a cadea

Chuzame! chuzame -

Por que cando alguén di que é vexetariano normalmente ten que aturar que lle intenten convencer de que está trabucado e incluso que lle chamen parvo?
Por que cando alguén di que é nacionalista normalmente ten que aturar que lle intenten convencer de que está trabucado e incluso que lle chamen parvo?
Por que cando alguén di que concorda coa norma AGAL normalmente ten que aturar que lle intenten convencer de que está trabucado e incluso que lle chamen parvo?

Isto é así, e todos o vivimos algunha vez como ofensor ou ofendido, e non nos sería moi complicado adiviñar que opcións son as menosprezadas habitualmente. E aínda que tamén existen casos na dirección contraria, son os menos. E por que?

Pola forza da maioría.

Parece que por sermos da maioría , ademáis de estar na posesión da verdade absoluta, temos o dereito e o deber de tratar de salvar os que non pensan coma nós, porque non nos enganemos, esas tres (e moitas outras) son só eleccións personais, que ás veces non teñen por que ser mellores ou peores, e que non lle afectan a ninguén máis có que así o decide. Cando estas críticas veñen dos sectores e persoas máis rancios da sociedade, pouca importancia teñen por esperadas e por ser pecata minuta ao lado doutras imposición de ideas que queren facer incluso sendo minoría. O problema é que moitos "progresistas" non son alleos a este mal, e aqueles que son tan tolerantes noutras cousas (moitas veces de máis), non son capaces de respectar o que teñen en frente.

A idea de facer unha entrada sobre isto veume tras ler a un tal bolo ou o seu amigo, que polo que lin ben podería ser o típico adolescente prepotente e ignorante ao mesmo tempo, mais só é unha suposición.

Soy un tipo raro, me gusta leer, discutir y beber cerveza. Suelo hablar de cosas que no tengo ni idea pero solo con algunos amigos (que ya saben que soy demasiado terco), opino sin que me pregunten, y sin dejar tiempo a que nadie me lo impida, creo que todos somos libres y el que no lo es verdaderamente es un imbécil (segunda acepción del DRAE, flaco, débil, que nadie se ofenda).

Isto é unha declaración de intencións, gústalle falar sen ter puta idea, pero iso si, cre na liberdade, le moito e sabe usar os dicionarios.

ya "casi" ni me divierto discutiendo con personas tan necias y memas, con mentecatos que creen que sus ideas son las únicas respetables, y lo más triste es que no saben defenderlas, lo intentan, son perseverantes, pero divagan y divigan hasta que un tozudo como yo les pide datos, documentos que acrediten sus expresiones

Esta é a parte onde os que son "libres" se non pensan coma el, teñen que aprobar algún tipo de exame ou convírtense en necios, mentecatos... Poderíavos parecer polo que di que foi el o que se atopou cun "salvador" da maioría (ou da minoría neste caso) pero xa veredes agora a que se refire.

en una "entretenida" charla con una persona que pertenece a un partido político nacionalista, en concreto, el BNG, me he dado cuenta que en un grupo nacionalista solo pueden militar individuos con una cultura nimia, discreta, incluso perdida.

Agora os "libres" xa non teñen nin que pasar o exame, directamente son uns ignorantes.

la pobre chica, no sabía que yo leía demasiado, comenzo a utilizar un gallego no normalizado en su conversación

Le demasiado (???) , usa dicionarios, pero non coñece a diferenza entre normalizado e normativo.

los nacionalistas no están ayudando demasiado a la cultura gallega, más bien la están destruyendo, intentado arruinar su "vocabulario", vocabulario que ellos inventan, palabras que jamás se han pronunciado antes por ningún gallego respetable, y muchos menos las escriben correctamente

Así que tódolos nacionalistas ademáis de destruir a cultura galega, falar un galego raro con palabras que non aparecen no dicionario das persoas respetabeis, son uns ignorantes que non saber escribir correctamente o galego. E vai apresentar unha serie de probas que só un necio e mentecado non recoñecería como DE-FI-NI-TI-VAS.

En la página del Portal galego da lingua, comienzan con un Bem-vidas(os)...
...Si dedicamos un minuto a realizar una búsqueda en el Diccionario de la Real Academia Galega, podemos observar que se escribe correctamente Asociación, si buscamos Associaçom, nos aparecerá un bonito mensaje que nos dice "Non se atopou o termo"...
Lo más triste aparece cuando en este portal se nos quiere enseñar a "Falar con jeito"

A pesar de ler con tanta atención a páxina de AGAL, non foi quen de comprender os obxectivos de dita asociación (que listo son, seina escribir "normalizadamente"), claro, escrita nun galego pouco respetábel, quen a vai entender? Quero chamar a atención sobre a súa crítica a Falar con Jeito, porque moitos son os "progresistas" que pensan que de AGAL non pode sair nada bo, desprezando cousas como esa sección ou o dicionario Estraviz, que son de uso máis que recomendado para todo aquel que quera mellorar o seu galego, indepentemente da norma.

se ha ofendido cuando le he dicho que cojones hace en política si no está informada de los acontecimientos diarios que suceden en este país, su respuesta a sido, "Non teño que saber de todo" (No tengo que saber de todo), he contestado más que convencido y sonriendo un "así va el país, que ni los políticos se enteran"

Unha vez deixado claro a malleira dialéctica que levou a rapaza, por (seguramente) non estar ao día nos últimos descubrimentos e proclamas de certos medios que todos coñecemos, alguén nos comentarios (que non fun eu) dille que o perigoso non é ter unhas ideas, senón ser un radical que que non admite as dos demáis, e claro dálle a razón, pero por suposto son os demáis os radicais, el faino todo dende a obxectividade e o respecto.

yo últimamente solo me encuentro gente demasiado radical, que quiere la independencia y que no razona cuando se le aportan datos, o soy yo, o no entiendo que sucede, en vez de darse cuenta que todos somos iguales, desunir es un atraso

Gustaríame ver os datos que ten pode que demostran que un tense que sentir español.

Chuzame! chuzame -

Non ten nada de novo o feito de que algúns leoneses queiran ser unha rexión de seu, separada de Castilla. Pero o que me sorprendeu foi atopar esta imaxe nun vídeo que atopei no YouTube. Paréceme incríbel que vexan ao galego como un agresor do leonés do nivel do castellano. Se cadra, se deixaran de buscar inimigos onde non os hai e adicaran esforzos a promocionar a súa cultura, non terían un idioma practicamente desaparecido dende fai tantos anos. Se até a canción do vídeo falando dun "país lliones" está feita en castellano.

Cartel difamatorio

Isto xa é outro cantar, algún tarado inclúe Valdeorras (chamada por eles Valdiorras) nese país lliones, na que se nota claramente a súa cultura leonesa. Ou sexa, o feito de que unha parte do Bierzo ten cultura galega e algo máis que demostrado, pero as semellanzas entre Valdeorras e o Bierzo, como este último está en León, débense a cultura leonesa de Valdeorras. Con eses razonamentos van chegar moi lonxe.

Valdiorras nun ye Llionesa

Eu diría que esta foto é unha montaxe, pero non ten a calidade necesaria para aseguralo, e de non selo, dubido moito que fora feita por alguén de Valdeorras. Iso sí, o día que así fora, o marchar ou quedar é cousa que só eles teñen que decidir.

Non tiña pensado por isto, xa que nunha destas páxinas, comentaban a escaseza de ideas para escribir xa que o leonesismo é moi estático (cadavérico máis ben) pero que estaban ledos porque sempre había alguén novo que os descobría e os ligaba, aínda que fora para comentar as súas burradas. Aínda que é difícil resistirse a comentar algo cando les cousas coma esta, é mellor ignoralos.

Mejor sería que todos aquellos que NO SEPAN GALLEGO ni se pasen por allí a ayudar. Mejor sería que no pasase como con el PRESTIGE: un desastre al que acudieron a echar una mano miles de personas de fuera de Galicia que después fueron acusadas por los PAN-GALLEGUISTAS radicales de INTRUSOS ESPAÑOLES que acudían a una especie de RECONQUISTA de BREOGÁN quitándo a los nativos protagonismo. ¡¡Éste es un buen momento para que los turistas de paso a SANTIAGO, se queden aquí!! Nos iremos a algún país cercano a ver por qué no hay incendios allí.

Chuzame! chuzame -

Next Page »