Político-Social


Polo arrefriadoLevamos xa un tempiño atopando ata na sopa (nunca mellor dito) o tema da gripe aviar , e xa non o aturo máis, neste intre o único que me interesa e se hai que pechar ás pitas ou non. Que por que paso dun tema de interese mundial? Pois porque cada vez sóname máis a conto de vella, ou ao que é peor, a unha nova demostración do poder que teñen sobre a sociedade os medios de comunicación, posibelmente ao servizo do lado escuro.

Alaaaaaa, pero este que di? Pois si, son un conspiranoico, pero as miñas razóns teño. A min este medo esaxerado a unha posíbel pandemia, que levou a millares de españois a esgotar un fármaco totalmente inservíbel para unha enfermidade que todavía non existe (a pandemia viría no caso de que o virus mutase para poder trasmitírense entre persoas) e que nin se sabe se vai chegar a existir, lémbrame a outra enfermidade saída doutro recuncho lonxano que ía acabar con todos nós fai dous anos. Para os que xa o esquecerades, chamábase SARS ou neumonía atípica . Que foi dela? É como o Guadiana que aparece e desaparece? Unha de dúas, ou desapareceu completamente por si mesma, ou xa non é a enfermidade revelación coa que vender xornais ou comezar o telexornal. Aquí tedes unha especie de cronoloxía do que foi aquilo.

Está claro que nos atopamos ante a mesma situación, unha enfermidade que aparece de súpeto por mor dun animaliño dun país exótico que lla contaxia o home, para a que non hai cura e que é extremadamente contaxiosa e mortal. E logo non existía o ano pasado? Será a primeira vez que morre un parrulo en Alemaña por teren gripe? ¿Non deberiamos preocuparnos máis por outras enfermidades xa existentes que matan moita máis xente e que se están a espallar polo cambio climático?

Non sei, penso que non é bo meterlle medo a xente con algo que non podemos controlar, a menos que o que nos interese é precisamente que exista ese medo. E se pensades que eu barreno moito, aínda os hai peores.

Xa está, quedoume un texto cheo de ligazóns, o que non me gusta moito, pero xa sabedes, a gripe do polo ata na sopa.

Chuzame! chúzame -

Que non vos estrañe o título, aínda que esta palabra veña sendo utilizada ultimamente polos nacionalistas españois para referírense aos nacionalismos periféricos. Pero, quen ten máis relación cos nazis? os que falan do dereito a elixir a onde se pertence ou os que queren impor a pertenza "porque lo dice tu carné de identidad" no mellor dos casos? Así que eu decidin usala a partir de agora para referirme o rancio nacionalismo español. Baseándose na célebre frase de Goebbels "Unha mentira repetida mil veces convértese nunha realidade", o sector máis españoleiro e menos democrático da sociedade española fala da sobrerrepresentatividade dos partidos nacionalistas no congreso, como no caso de Alberto Recarte, licenciado en dereito e presidente dun deses panfletos con denominación de orixe "digital"

Segundo: son conscientes de que están vulnerando la Constitución; pero no están solos. Les apoyan todos los partidos nacionalistas –sobrerrepresentados en el Congreso por la ley electoral de 1977–

Segundo eles, os partidos nacionalistas teñen máis escanos dos que lle corresponden por número de votos debido a non existencia da circunscripción única. Ben, pois isto é totalmente falso, e moitos son os que o teñen demostrado. Todos coinciden en que o nacionalismo está representado na mesma proporción que lle corresponde por porcentaxe, e unicamente IU está por debaixo do que lle corresponde, repartíndose PP e PSOE os escanos "roubados".

Así que, se están tan preocupados pola lexitimidade, que deixen de nos mentir.

Seguindo co que comezei aquí, vou comentar agora algo que non é propiamente unha mentira, máis ben trátase de manipulación en todo o seu esplendor.

El mensaje con el que arrancó la campaña "Todos tenemos derecho a opinar" es el siguiente: "Estimado amigo/a. Te comunicamos que hoy día 26 de enero se ha puesto en marcha la campaña de recogida de firmas para solicitar al Presidente del Gobierno que someta a referéndum la siguiente consulta: "¿Considera conveniente que España siga siendo una única Nación en la que todos sus ciudadanos sean iguales en derechos, obligaciones, así como en el acceso a las prestaciones públicas?".

Como podedes comprobar, a primeira parte da pregunta introduce disimuladamente a afirmación de que españa é única e indivisíbel, de xeito que a atención cae sobre a segunda. Así se un está dacordo coa igualdade entre os cidadáns (algo que penso que é maioritario) respondería si a pregunta, aceptando o mesmo tempo a unicidade da nación española.

O máis incríbel do asunto, é que o mesmo que di defender a igualdade, cre que os homosexuais non deben poder adoptar (será que non son cidadáns?), pide que se ensine relixión católica nas escolas ou defende a monarquía (institución que claramente non se basea na igualdade) Deben de ser diferenzas tan puntuais, que unhas pequenas mentes como as nosas nunca chegarán a o comprender, como tampouco comprenderemos por que outros poden ir a cadea se fan un referendo.

Por todo isto, quero proporvos a seguinte campaña.

Vota por eles

Xa que son moitos os que non poden mostrar o seu apoio a Mariano, fagámolo nós por eles. Trátase de inscribir a aqueles que consideremos que o merecen na páxina das peticións para o referendo. Supoño que estes votos non terán ningún valor e que serán anulados, e que só lles dará un pequeno traballo extra, pero non podo evitar desfrutar da idea de que chegasen a presentar unha lista con nomes como Francisco Franco, George W Bush ou Pepito Piscinas (constame que estes xa se inscribiron). Para os que vos animades decirvos que como isto é unha cousa seria pídese un número de DNI incluindo a letra, cousa que podedes conseguir aquí metendo 8 números ao chou.

Xa para rematar e aproveitando que estou a falares do referendo, dicir que descubrín que puxeron a miña montaxe na páxina de milinkito, que fai pouco fíxose moi famosa polo concurso de montaxes sobre a felictación de nadal dos Borbóns. E aproveitando que pasei por alí, tráiovos esta estupenda animación sobre un fato de esquíos traidores á causa.

Chuzame! chúzame -

Moitas veces decido non falar dun determinado tema aínda que sexa o tema do momento, porque supoño que xa estaredes saturados del, e porque acostuman a seren cousas que ou un é moi sectario, ou sábese de sobra o tamaño das burradas que se din ao respecto. Neste caso farei unha excepción porque o noso ilustre paisano meréceo.

Levamos xa moito tempo aturando os comentarios alarmistas do señor dos hilillos, falando do esgazamento de españa e inconstitucionalidades varias, mais claro, cando alertas, sempre chega o momento no que se demostra se tiñas ou non razón. E ese día chegou cando ZP e máis Mas acordaron un texto para o estatuto catalán, que para desgraza de moitos, nin racha a unidade de españa nin é anticonstitucional, polo que o que tanto berrou e laiou, queda como un carallán que ou ben non sabe do que fala ou ben só buscaba asustar.

Que se pode facer entón para desvia-la atención do teu cu, cando se atopa totalmente ao descuberto? Pois nada mellor que falar dun referendo.

"Como aquí no estamos reformando un Estatuto de autonomía, sino cambiando el modelo de Estado, vamos a presentar una proposición de ley de iniciativa popular pidiendo un referéndum', dijo Mariano Rajoy en el Fórum de Nueva Economía.

Pois si, o mesmo que formaba parte dun goberno que meteu a españa nunha guerra sen pasar polo congreso como di a constitución, sen importarlle unha merda a opinión do 90% da poboación que estaba en contra, quere facer un referendo para que decida toda españa como se deben gobernaren os catalás. Incríbel, que vai se-lo próximo? Un referendo para que decidan se podemos falar galego na Galiza? Referendo para a eliminación das exencións fiscais de Canarias?

Neste intre, o estado de esquizofrenia é tal no PP, que xa comezan a aparecer as primeiras baixas dos que non son espelidos dabondo para trocar o seu discurso cada dous días.

A situación é tal, que xa traspasou fronteiras, e hoxe no país "amigo" que vendera unha medalla ao seu vasalo Aznar, e no que ata a esquerda está a dereita, erguéronse coa seguinte nova

The response of the center-left government of Prime Minister José Luis Rodríguez Zapatero has been appropriately firm, including the dismissal and arrest of one of the culprits, a senior army general. Regrettably, the center-right Popular Party, the main opposition group, seems more interested in making excuses for the officers than in defending the democratic order in which it has a vital stake.

Que vén querendo dicir

A resposta do goberno de centro-esquerda do primeiro ministro José Luis Rodríguez Zapatero foi apropiada e firme, o que incluiu a destitución e arresto dun dos responsábeis, un importante xeneral. Tristemente, o Partido Popular, de centro-dereita, principal partido da oposición, parece máis interesado en desculpar aos oficiais que en defender a orde democrática.

Tanto veleno leva cuspido Rajoy, que comezo a ter ganas de que nas vindeiras eleccións o PP supere ao PSOE (sen conseguir maioría absoluta, líbrenos Deus), só por ver como baixan os pantalóns para pactar cun partido nacionalista sobre os que tanto leva mexado. Total, mande quen mande en españa, pouco van muda-las cousas na Galiza.


Cartaz orixinal

Chuzame! chúzame -

Non, Rajoy non toleu (máis do normal) nin se trata dunha montaxe co Photoshop. É unha foto real tirada neste Nadal en Madrid, e forma parte dunha serie de accións de protesta que xa se dera o pasado ano. Algúns preguntarédesvos a quen carallo se lle ocorrería facer isto e por que. Pois trátase de contrapublicidade, algo que podería definirse como

La contrapublicidad representa un movimiento de crítica a la publicidad y, a través de ella, a las grandes empresas y multinacionales que la utilizan. El término está acuñado por grupos y organizaciones que rechazan el modelo económico dominante y las prácticas empresariales abusivas o no compatibles con el desarrollo sostenible.

Así que é unha crítica á sociedade mesturada con deseño, o que non sei é como puiden tardar tanto en falar dela. Coido que un dos refentes internacionais é Adsbusters, en españa ConsumeHastaMorir, e por suposto na Galiza non podemos esquecer aos Aduaneirossemfronteiras.

Lembrade, aproveitando que estamos en rebaixas, que non por máis consumir ides ser máis felices, e que non é imposíbel facerlle frente as multinacionais que tentan decotío impornos que queremos e necesitamos.

E non podía rematar sen facer unha aportación á causa.

Chuzame! chúzame -

Aquí estou de novo para apresentar por primeira vez en Intifada Ghaiteira, a un dos nosos showmans más "nacionais", a súa ilustrísima excelencia Sir Paco Vázquez. Teño a dúbida de se non lle adicar unha sección enteira para el, xa que estou certo de que aínda serán moitas ás veces nas que hanos agasallar con algunha das súas gloriosas frases ou performances.A razón desta entrada que estou a escribir, non é por unha frase propiamente dita, senón por un artigo de opinión de Jose Manuel Ponte sobre a seguinte perla vazquista.

"España no tiene quien la defienda y tal parece que los que hablan de ella son unos apestados del régimen franquista"

O artigo está ben, pero houbo algo que foi o que realmente chamou a miña atención e é xusto o que quero compartir convosco. Non sei se é unha historia de dominio popular e eu fun o último en coñecela, mais para todos aqueles que nunca a oiran e todos os que xa a desfrutaron, aquí a tendes outra vez.

Y aún recuerdan muchos de sus compañeros del Congreso su heroico comportamiento cuando Tejero procedió a secuestrarlos, durante la intentona golpista del 23-F. Al parecer, la fuerte tensión del momento le hizo sufrir un ataque de ansiedad y unos desarreglos orgánicos agudos que le obligaron a abandonar el hemiciclo con permiso del jefe de la fuerza invasora, ante el riesgo inminente de una descomposición incontenible. Fue el único diputado varón autorizado a ello. Y sólo pudo acompañarle la socialista Ana Balletbó, que estaba embarazada de gemelos. La versión oficial dijo que el héroe había padecido una crisis cardiaca. Patriótica, por supuesto. Con hombres así no hay nada que temer.

Gracias a Paco e a súa manobra de distracción, todos seguimos a ser libres.

Ole polo seu tracto rectal.

Chuzame! chúzame -

Con tanto traballo, quen ten tempo para ir ó congreso ás votacións das leis?

Algún dirá que estou a esaxerar, que cada un fai o que quere no seu tempo libre, e terá razón, mais, ¿quen pensa que o fixo ó chegar a casa tras un longo día de traballo?

Co que realmente estou a esaxerar e coa gravidade de que non vaian ós plenos. Ás veces, ata é mellor que non vaian.

Europa Press. 23.12.2005 - 11:48h
La ausencia de diputados a altas horas de la noche en la Asamblea Nacional francesa hizo posible la legalización, contra el parecer del Gobierno, del intercambio de archivos por Internet mediante los sistemas conocidos como 'peer to peer' (p2p), que permiten descargar ficheros que otro ordenador pone a disposición.

O caso é que non temos que irnos tan lonxe pra recordar casos similares, e moito máis simpáticos.

Chuzame! chúzame -

« Previous Page