Revoltallo


A estas horas son moitas as letras que se levan escritas sobre o peche da web de humor gráfico máis retranqueira e coñecida do blogomillo galego, Aduaneiros Sem Fronteiras, así que eu limitareime a reproducir o seu manifesto como protesta contra a vaga de censura que se está a vivir na internet, que lonxe de mellorar, empeora.

ManifestoImaxe obtida de Apocalipse do porco

Mais teño que engadir unha cita da carta aberta escrita por Calidonia a Aduaneiros e a Yolanda, coa que concordo plenamente e recomendo ler.

Fronte a esa ameaza ou chantaxe só caben efectivamente dúas alternativas. Unha é achantar, botando o pecho a unha páxina web que estaba sen actualizar desde había meses e que contiña innumerables comentarios-lixo (quer de humanos quer de máquinas) e aproveitando para despedirse ao grande facendo algo de axitación na rede, cousa na que vós, Aduaneiros, sodes auténticos mestres. Esta é a decisión que tomastes e á que rapidamente adheriu a inmensa maioría dos internautas galegos. Aquí, Aduaneiros, cometestes o segundo erro, na miña opinión.

Lembrade que non hai moito, xa se daba por defunta dita web ante o evidente abandono na que estaba sumida.

Chuzame! chuzame -

Supoño que xa é coñecida por todo o mundo e non mundo a convocatoria do apagón eléctrico no día de hoxe. Moitos seredes os que tedes curiosidade por saber como foi o tema, participarades ou non na protesta, e pode que o que digan os xornais non vos chegue a moito. Por iso traiovos, estas capturas da páxina de rede eléctrica española onde se pode ver o consumo instantáneo de electricidade de cada día a tempo real. Por certo, esta páxina caiu durante o apagón debido o número de visitas, e aínda tardou un bo anaco en recuperarse.

apagon

Como podedes ver na primeira gráfica, aparece un pico de baixada de 1000 Mw no momento do apagón, e tendo en conta que o consumo previsto para ese intre era de 41000 Mw, houbo un descenso dun 2'5%. se o analizamos dende o punto de vista da producción eléctrica, non ten case importancia, xa que a xeración oscila ao longo do día entre 26000 e 44000 Mw, nun intervalo de 18000 Mw. Isto coméntoo por que lin nalgúns sitios que este apagón podería provocar problemas eléctricos a rede, pero nin a baixada foi tan importancia, nin o apagado foi sincronizado (afortunadamente).

Fixádevos que a semana pasada, polo do frío nese mesmo intre había un consumo de 43000 Mw, e dicir, o frío da semana pasada tivo o dobre de efecto no consumo, e iso que estamos a falar duns poucos graos de diferenza.

Declaracións a Ser

Luis Atienza, presidente de Red Eléctrica Española (REE), la empresa encargada de canalizar el suministro eléctrico en España, ha calificado la convocatoria de "limitada" en declaraciones a la SER. "Todo ha funcionado con normalidad" ha dicho Atienza, para quien la reducción ha sido, sobre todo, "en el ámbito doméstico", donde "ha podido llegar al 7%".

Pero no social, aínda que pareza que ese 2'5 non é nada, é moito. Pensemos que se cada español consumira a mesma cantidade de enerxía, estariamos a falar dun millón de persoas. Pero ese no é o caso, pensemos na cantidade de empresas e organismos públicos que non contribuíron por razóns evidentes ao apagón, na xente que está viaxando ou que está na rúa. Non teño os datos do consumo individual, pero penso que non se precisan para ver que foi un seguimento maior do que moitos esperabamos.

A todo isto, eu non participei porque non lle vexo a utilidade. Pasados os cinco minutos, o consumo foi o mesmo, igual que o resto do día, e a maior parte da xente que participou seguirá cos mesmos costumes de gasto enerxético, e os que poden obrigar a cambiar eses costumes, non van facer nada porque saben que isto foi unha moda máis de internet.

Pero estas cousas sempre teñen o seu aquel de estudo sociolóxico, e tamén para ir entrenando en canto a mobilización, que hai moito que so vai onde vai Vicente.

Chuzame! chuzame -

Captura do spam
Pois é o que parece, hoxe estaba dando unha volta polo proxecto de tradución dos foros phpBB 3.0 que está facendo Ciberirmandade, e nunha das páxinas que se xeran para que poidamos colaborar na tradución, atopeime cun espazo publicitario do famoso Vicodin que tanto lle gusta a House.

O tema do spam está chegando a un nivel inaceptábel, calquera sitio web cun mínimo de interactividade co usuario é unha víctima potencial. E a maior parte da culpa témola nós, os usuarios, xa que son os nosos propios ordenadores (infectados cun virus) os que bombardean as webs con publicidade. Compría que comenzasemos a tomar un pouco máis en serio o tema da seguridade, a fin de contas, hai antivirus gratuitos e moi bos.

E falando de publicidade, aproveito para animarvos a que colaboredes nos proxectos de tradución de software ao galego, é doado, sinxelo, adícaslle o tempo que queiras sexa moito ou pouco, e tedes onde elixir Ciberirmandade ou Mancomun.

Chuzame! chuzame -

Acabo de ler en Calidonia unha comparativa entre as buscas que se fan da páxina de Vieiros e a de La Voz de Galicia, utilizando o Google Trends. E como eu son así de xogueta non puiden evitar fedellar eu tamén con el, introducindo o terceiro en discordia, o Faro de Vigo. Vendo os resultados que obtiven decidín comentalos en Calidonia, pero polos filtros anti-spam preferín non pór ligazóns, e ocorréuseme que podía polas aquí. Non me acaba de convencer isto de "plaxiarlle" a idea a outro, pero máis ben é un complemento ao seu texto. Así que reproduzo o meu comentario, engadindo as ligazóns.

O primeiro dicir que Google Trends non me acaba de convencer.

Se lle dás a Languages, verás que como idioma principal e con diferencia aparece o galego, algo que aínda que desexábel, penso que non é real. Nun principio, pensei que podería ser que asignaran por defecto o galego como lingua das consultas en Galicia, pero ademáis de ser moi improbábel, non encaixa coa proporción do castelán, xa que a porcentaxe de consultas dende fóra de Galiza é mínima. Ou os internautas galegos estamos moi concienciados, ou non funciona moi alá.

A min déuseme por comparar tanto a La Voz coma Vieiros co Faro (1) (2). O resultado destes dous últimos é moi similar, agás no último periodo onde Vieiros baixa un pouco. Esta semellanza di moito de Vieiros e moi pouco da edición dixital do Faro.

Como feito curioso dicir, que nas comparativas con Vieiros en primeiro lugar, aparece o portugués como segundo idioma.

Lendo agora o funcionamento do Google Trends, vexo que se poden facer ata cinco comparación a vez, así que xuntando os tres xornais obtemos que, o segundo idioma é o catalán! .

E ollo que sobre o dos idiomas di o seguinte

Language information is determined by the language version of the Google site on which the search was originally entered.

Dubídoo.

Polo que sigo lendo, penso que as buscas anteriores non están ben feitas, xa que están feitas sobre a palabra lavozdegalicia e non sobre la voz de galicia, que penso que é como a maioría da xente fará a busca. Facendo a comparación entre os tres xornais e coa denominación correcta, vemos un resultados máis realistas, e ademáis aparece unha nova gráfica indicando as veces que foron ligadas as súas novas (ou iso entendín eu). Agora si aparece a diferenza entre Vieiros e o Faro que eu agardaba (a pesar do mala que é a edición dixital)

Refinando máis a busca, podemos sumar as dúas formas de buscar cada xornal, aínda que penso que non varía moito o resultado. Chámame a atención que cando usamos la voz de galicia, aparece un aumento do castelán. Será que galegos e cataláns temos máis tendencia a xuntar palabras?

Chuzame! chuzame -

Naturistas do mundo estamos de noraboa, unha asociación naturista decidiu que na praia do Abricó necesitábanse dous gardas nus coa fin de garantir as boas maneiras e o decoro. O resultado tédelo na foto do lado, totalmente real.

Há nove meses sem sinalização oficial da prefeitura indicando que a praia é reservada, por lei, para a prática de nudismo, a Associação Naturista de Abricó contratou dois seguranças. Para dar o exemplo, os xerifes do Abricó ficam só de boné e óculos escuros. E impõem respeito.

O respecto supoño que será directamente proporcional ao tamaño da porra. Brincadeiras aparte, segundo o 20minutos (na nova orixinal non aparece) teñen como misión controlar aos miróns e mandar á auga aos que moito "se animen".Mais a aparente liberdade sexual que se vive no Brasil non é tan estendida como puidéramos pensar, existe unha parte da poboación, que ou ben é bastante numerosa ou ten moito poder, que segue a loitar contra un mal que só está nos ollos dos que miran. Aquí podedes ler unha análise nun blog naturista da situación real e actual do Brasil.

Na Galiza tampouco estamos libres de certa polémica, aínda que a cousa parece que cada vez é asumida como máis "natural".

Aproveito que estou a escribir para saudar a tola do monte, a primeira persoa que me pon unha ligazón. Eu farei o mesmo cando arranxe un par de cousas do blogou cando mude, porque non estou moi convencido con este aloxamento. Con dicir que non podo facer unha previsualización do que vou escribir, creo que vos daredes de conta de que non estou moi cómodo.

Ánimo á tola e a tódol@s que escreben en galego, xa que aínda que non nos lean moito, estamos a contribuir coa normalización da nosa lingua nas novas tecnoloxías.

Actualizado o reloxo escangallado. Preme nel se queres saber que l
aconteceu.

Chuzame! chuzame -

Mañá case toda españa estará pendente da porta do sol madrileña para segui-las 12 badaladas que dan o sinal do comezo do 2006. Pois ben, este ano apareceu Carlos Santillana, un mentalista que ten pensado da-la badalada máis sonada ó parar o reloxo durante tres minutos as doce da noite da fin de ano. Eso sí, sen acercarse o reloxo, nin sequera dende Madrid, vaino facer dende Cáceres.

E non é un tarado calquera, o ano pasado adiviñou o número gañador da lotería ante notario, e fixo o mesmo co día e sexo da filla de Letizia Ortiz. Case esquezo dicir que para que non se vos atraganten as uvas, o paro vai ser despois das badaladas. Dende aquí queremos animar a Carlos para que o consega, e por nós no canto de tres minutos, que sexa unha semana, e con tódolos reloxos de Europa. Feliz 2006, se Carlos Santillana nolo permite.Actualizado 04-01-06

Como algúns puidestes comprobar, non pasou nada de nada.

El mentalista cacereño Carlos Santillana que aseguró que iba a detener tres minutos el reloj de la Puerta del Sol tras dar las doce campanadas, explicó hoy a Efe que no logró llevar a cabo su experimento porque se 'manipuló' el reloj y dio el primer minuto 'cuando sólo habían transcurrido 48 segundos'.

Es decir, el primer segundo, afirmó Santillana a Efe, se reflejó 18 segundos antes de completar los 60 segundos que componen un minuto, por lo que, aseguró 'no he podido ejecutar mi ejercicio de ilusión'.

Aínda que sone a desculpa de mal perdedor, hai que entender que un mentalista non é un tolo ou un aproveitado, é un mago, da mesma escola que Anthony Blake ou moitos outros.

Polo tanto, como ben di, no caso de que fixeran algún tipo de variación no funcionamento normal do reloxo, as condicións necesarias para que se dera a ilusión que el buscaba, non se cumpriron.

Cales eran esas condicións e o que tiña que acontecer? Só el o sabe,xa sabedes que os magos non revelan os seus trucos.

Chuzame! chuzame -

A intifada ghaiteira acaba de nacer, e como tódol@s cativ@s aínda non sabe que quere ser de maior. O único que sabe é que será galega, mais iso non o decidiu, herdouno.

Como cativa que é, ten que aprender moitas cousas antes de da-los seus primeiros pasos, que serán pequenos e inseguros, mais cheos de ilusión e con ganas de facelo ben.

Realmente este non é o comezo, só é a primeira das probas que permitirán a Intifada Ghaiteira presentarse en sociedade cun aspecto máis axeitado e persoal. Aínda queda moito por facer e todavía non sei nin para que carallo serven a metade das opcións, nin se se poden engadir outras novas, mais penso que axiña rematará a aprendizaxe.

Alea jacta est.

Chuzame! chuzame -