Se tedes vido anteriormente por este blog, seguramente xa vos decatastes de que andei fedellando cos tradutores. Non tiña pensado comentar nada deles xa que eu fíxeno máis que nada por xogar con cousas novas, xa que penso que a inmensa maioría dos que poden acabar lendo estas liñas comprenden o galego, pero unha pregunta de Calidonia fíxome ver que non estaba de máis que comentara o asunto. Primeiro comentarei o que fixen, e logo pasarei o problema de Calidonia, que non sei se lle valerá, porque eu pouco sei de informática.
Galego-castelán
Para a tradución galego-castelán utilicei o Apertium da Universidade de Vigo que é unha extensión do Opentrad Apertium, un tradutor de código libre co que poderedes facer outras traducións.
Funciona bastante ben, eu ao ler a tradución parecíame estar lendo o que escribira un deses "no te se me da nada bien hablar el gallego", e amais diso, unha vez carregada a páxina traducirá o resto das seccións ou páxinas que teñamos ligadas.
O único que fixen foi crear unha ligazón apuntando a seguinte dirección
É moi longa
Como vedes, o único que hai que facer é cambiar a dirección desta páxina intifada.bitacoras.com) pola da vosa.
Galego-inglés
Ben, aquí está o único que ten o seu aquel. Se estivestes a buscar, decatariadesvos de que non é tarefa fácil atopar un tradutor galego-inglés, e que a solución é usar un que traduza dende o castelán ou dende o portugués. Pois non, non é a única solución.
O que fixen foi coller a dirección da páxina traducida ao castelán (a que puxen unhas liñas por riba) e introducila noutro traductor, para facer así unha tradución castelán-inglés . Pero ollo, isto non funciona en tódolos tradutores, xa que non nos enganemos, eses programas non están pensados para que poidamos facer o que nos pete.
Tamén e longa
A esa dirección tedes que engadirlle a anterior. O que mellor furrulou foi o Babelfish, pero non permite seguir traducindo nas ligazóns, é dicir, só traduce a páxina que lle metemos, no meu caso a principal.
Por se non chegara con isto, non che dá unha dirección clara de onde engadirlle a túa dirección, así que tiven que "roubala", polo que non aparece o frame de enriba onde di que está sendo traducida por Babelfish. Supoño que iso non lles gustará moito e en calquera momento, cortannos o choio.
Uhm, deixo esto en corentena, xa que acabo de probalo co explorer e aínda que traducía, non mantiña o aspecto da páxina. Pode ser que funcione ben, pero é que agora mesmo estou tendo problemas para entrar na páxina independentemente do xeito no que o faga.
Galego-catalán
Deste teño pouco que dicir, só puiden facer o de traducir dende o galego coma se fose castelán, así que a tradución é anecdótica, non creo que teña moito valor, máis ten o seu aquel ver a mestura de galego e catalán, algo que poderíase chamar catagal.
Non había de ser menos
Xa sabedes, tralo = só tedes que engadir a vosa dirección.
E agora vou pasar o problema de Calidonia, que polo que vin é un problema común a tódolos que están Blogger, e posibelmente a outros hospedaxes de blogs.
Primeiro teño que facer unha introducción sobre o tema, así que se sodes dos que a informática failles doe-la cabeza, saltade esta parte.
A hora de gardar textos, asígnaselle a cada letra un conxunto de 1 e 0, por exemplo no ASCII, que é o formato máis coñecido, o "A" sería 0100 0001. Por ter 8 bits, o número de símbolos dispoñibles son 256, o que non é moito. Para aumenta-las posibilidades apareceron outros códigos como o UTF-8, que o ter 16 bits permite usaren tódolos símbolos dos distintos alfabetos, algo que a un sitio como Blogger polo seu carácter internacional vénlle que nin o demo. O problema é que un tradutor de galego-castelán, só necesita que recolla os alfabetos latinos, e por iso para aforrar memoria úsase o ISO-8859-1. No caso de bitácoras.com, por estar orientada o mundo hispano, e a vén por defecto.
Posíbel solución
Xa dixen que non sei moito de informática e non fixen a proba, mais coido que isto podería valer, se é que deixa facelo.
Tes que buscar no template, a páxina modelo sobre a que se constrúen as outras, e atopar dentro da etiqueta <head>
charset=utf-8"
e substituilo por
charset=ISO-8859-1"
Utiliza a función buscar e sairache directamente, só sae unha vez.
Agora que fixen a mudanza a Blogaliza, descubrín que esta solución non ten nada que ver coa realidade. Os textos das entradas do blog, gárdanse nunha base de datos cun dos formatos dos que xa falei. O formato pódese trocar indo a Opcións e logo en Lendo (Isto en Blogaliza, que traballa sobre WordPress), e onde pon Codificación de páxinas e sumarios substituimos o
UTF-8 por ISO-8859-1
Se estamos a comezar un novo blog non teremos problemas, mais se xa temos entradas feitas, os acentos despareceranos. Se facedes unha mudanza coma min, lembrade que podedes exportar os textos xa no formato ISO, co que xa podedes configurar dende o principio o blog en ISO.
chúzame -